Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

21/01/21 | 10:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal e por vento en toda a comunidade galega

Alértase dun fenómeno meteorolóxico por ventos do sur e suroeste con refachos de ata 100 Km/h

20/01/21 | 19:54 | C. de Sanidade

A Xunta propón no Consello Interterritorial de Saúde o adianto do horario do toque de queda para frear a expansión da covid-19

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, insistiu en que é preciso que o Goberno central poña a disposición das comunidades autónomas todas as ferramentas posibles para xestionar a pandemia

20/01/21 | 19:32

A Xunta avanza que todos os solicitantes que cumpran os requisitos recibirán as axudas do Plan de rescate de autónomos, microempresas e hostaleiros

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presidiu hoxe en Santiago de Compostela por videoconferencia a Mesa do Emprego Autónomo de Galicia

20/01/21 | 17:39

Medio Ambiente estudará a súa posible colaboración co Concello de Piñor nun proxecto de rehabilitación con fins residenciais

A conselleira Ángeles Vázquez e o alcalde José Luis González reuníronse hoxe para tratar asuntos de interese municipal en materia de vivenda e urbanismo

20/01/21 | 17:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta traslada á Fegamp a importancia da colaboración institucional para que a Lei de reactivación contribúa á captación de novos investimentos nos concellos

Conde subliña que a futura normativa permitirá achegar unha resposta áxil que facilite a actividade económica, mellorando a relación coa cidadanía e dando resposta aos novos retos aos que se enfronta Galicia

20/01/21 | 17:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias sinala que os problemas de calefacción do CEIP Otero Pedrayo son competencia de mantemento do Concello de Vigo

A delegada territorial informa que o centro contactou co Concello e a empresa xa na primeira semana de decembro e que, tras varios intentos nulos de comunicación, o 11 e 19 de xaneiro solicitaron o arranxo por rexistro municipal

20/01/21 | 16:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias afirma que o módulo de atletismo non supón ningún obstáculo para a ampliación do recinto feiral de Vigo

A delegada territorial defende que a pista deportiva é un proxecto adicional que vén a sumar para facer do Ifevi unha instalación máis funcional e completa

20/01/21 | 16:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias informa da convocatoria do Galicia Emprende con 5M€ en apoios ás novas iniciativas empresariais

A delegada territorial da Xunta sinala que na anterior convocatoria se beneficiaron ata 26 proxectos empresariais da área de Vigo con preto de 700.000 euros

20/01/21 | 15:27

Portos de Galicia coordina coa confraría de pescadores de Cambados a reordenación do peirao de Tragove

A presidenta do ente público mantivo unha reunión de traballo co patrón maior na que lle informou tamén da licitación do proxecto de ampliación da lonxa

20/01/21 | 15:02

O lobo mariño rescatado en Valdoviño embarca mañá desde Vigo para ser liberado en alta mar tras completar a súa recuperación

‘Rube’ foi localizado a mediados de novembro na ría de Cedeira con síntomas de desnutrición e varias feridas tras quedar atrapado nas redes dun barco