Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

20/01/21 | 14:42

Galicia pide unha estratexia común para defender os intereses da frota que faena no Gran Sol ante o acordo do brexit

Solicita unha vez máis ao Goberno central ter presenza na representación de España nas futuras negociacións de cotas de pesca tanto no seo da UE como co Reino Unido co obxectivo de que a comunidade galega sexa escoitada

20/01/21 | 14:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica a restauración do Santuario de Nosa Señora das Angustias cun investimento superior aos 114.000 euros

A intervención centraranse en resolver as humidades que sofre este inmoble, sede da Confraría das Angustias e importante templo da Semana Santa ferrolá

20/01/21 | 14:06 | C. do Medio Rural

Galicia defende ante o Goberno central o seu acordo coas demais comunidades cantábricas a prol dunha futura PAC equilibrada e xusta a nivel nacional

Na reunión, o ministro Planas valorou positivamente esta proposta, polo seu “carácter construtivo”

20/01/21 | 13:56 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 14.975 casos activos por coronavirus

Un total de 63.317 pacientes xa están curados

20/01/21 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e Concello de A Coruña analizarán a estrutura do edificio da Comandancia de Obras para a súa conversión en albergue

O xerente da Axencia de Turismo de Galicia, Emilio de la Iglesia e o concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, visitaron esta mañá as naves, agora municipais, da antiga sede oficial da Comandancia de Obras na avenida Metrosideiro

20/01/21 | 13:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta outorga 63.108 horas anuais máis de axuda no fogar para dependentes ao Concello de Pontevedra e tamén aumenta o servizo en Marín, Poio, Portas, Barro e Bueu

A Consellería de Política Social concede 76.116 horas de incremento dende este mesmo ano a estes seis municipios das bisbarras de Pontevedra, O Morrazo e Caldas

20/01/21 | 13:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora co Concello de Cenlle na humanización e no reforzo da seguridade da travesía de Trasariz mediante un investimento de máis de 170.000 euros

Trátase de executar unha senda peonil ao longo do treito de 450 metros de lonxitude que une un tramo antigo da N-120 co núcleo de Trasariz

20/01/21 | 13:26 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza o Pacto Social pola Vivenda 2021-2025, co obxectivo de mobilizar máis de 1.080 M€ e chegar a 70.000 familias

Sostén que esta iniciativa contribuirá a manter, aproximadamente, 30.000 postos de traballo e a reactivar a economía tras a incerteza e a actividade por mor da pandemia

20/01/21 | 13:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incrementa ata os 655.000 euros a achega ao Programa de Integración Familiar que desenvolve a Fundación Meniños

Esta contía supón un 4% máis ca en 2020 e un 56% máis do que se destinaba a este fin ao inicio da anterior lexislatura