Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

19/01/21 | 18:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Consellería de Educación acomete a modernización dos talleres do IES Antón Losada Diéguez da Estrada cunha reforma integral na que inviste 223.000€

A actuación pretende dotar de maior funcionalidade a estas instalacións cunha reorganización de espazos e a renovación de materiais, como acabados, falsos teitos, carpintaría exterior e interior e as instalacións

19/01/21 | 18:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora con 14 anpas lucenses para desenvolver accións de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Administración galega destina 48.600 euros a apoiar a posta en marcha de programas educativos e de sensibilización promovidos por asociacións de nais e pais

19/01/21 | 15:17

A Xunta sitúa a simplificación administrativa, o apoio ao investimento e o diálogo social como cimentos da reactivación

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde; o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez; e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantiveron hoxe un novo encontro cos interlocutores do Diálogo Social

19/01/21 | 15:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía a alerta laranxa por vento activa desta tarde en Lugo ás provincias da Coruña e Pontevedra

Alértase dun fenómeno meteorolóxico por ventos do sur e suroeste con refachos de ata 100 Km/h desde esta tarde

19/01/21 | 14:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CDG programa funcións especiais de atención á diversidade funcional da obra ‘O charco de Ulises’ no Salón Teatro

A representación de mañá ás 20,00 h. será a denominada ‘descontraída’, con máis tolerancia respecto dos ruídos e movemento do patio do butacas

19/01/21 | 14:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias propón ao alcalde de Vigo reunións trimestrais entre a Xunta e o concello para analizar as actuacións en Vigo

A delegada territorial aprecia o xesto de Caballero na liña que defende o Executivo autonómico de establecer canles de comunicación entre ambas as administracións

19/01/21 | 14:43 | C. de Sanidade

O comité clínico decide aplicar o modelo Carballiño aos concellos de Arteixo, Viveiro e Xinzo de Limia

Deste xeito, quedará pechada nestes municipios calquera actividade non esencial, así como toda a hostalería, que só poderá ter servizo de recollida e de reparto a domicilio

19/01/21 | 14:29 | A Presidencia da Xunta

Feijóo sitúa o Pavillón dos Remedios como referente para a vida deportiva e social de Ourense tras unha remodelación, ampliación e modernización cun investimento de 2 M€

Subliña que, ademais desta actuación, a Xunta realizará tamén as obras no Estadio do Couto, que forman parte do orzamento deste ano 2021 cun importe de 1,7 €

19/01/21 | 14:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que en marzo a Xunta porá en servizo a nova estación de autobuses de Santiago e licitará a demolición da actual

Vázquez Mourelle precisa que na estación de autobuses, que executa e financia a Xunta con máis de 10 M€, o edificio de viaxeiros e as dársenas están rematados e só faltan detalles como o peche da zona de instalacións ou mobiliario

19/01/21 | 14:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta demanda un plan de apertura progresiva do interior de Meirás con acceso ás estatuas do Mestre Mateo e á biblioteca de Pardo Bazán

Acordouse que os xardíns deste ben abran á cidadanía a partir do próximo 30 de xaneiro, tal e como solicitou o Goberno galego na primeira reunión da Comisión