Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

19/01/21 | 12:06

As melloras realizadas na fábrica de xeo da confraría de pescadores de Cedeira permiten reducir ata un 50% o seu consumo enerxético

Esta actuación supuxo un custo total de 508.000 euros e foi subvencionada pola Consellería do Mar na convocatoria de 2020 de axudas á mellora da eficiencia enerxética, da seguridade e condicións de traballo dos pescadores e da calidade dos produtos desembarcados

19/01/21 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Mos na adquisición dun novo vehículo destinado ás labores ambientais da Policía Local

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo entrega hoxe deste vehículo ECO, financiado polo Goberno galego ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental

19/01/21 | 11:43 | C. de Política Social e Igualdade
19/01/21 | 11:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
19/01/21 | 11:34 | C. do Medio Rural

Galicia e as demais comunidades da Cornixa Cantábrica reclaman ao Goberno central que contemple as súas peculiaridades na aplicación da futura PAC

As catro autonomías defenden que o Plan Estratéxico nacional da PAC se apoie e recoñeza o modelo de explotación familiar agraria sustentable do norte de España

19/01/21 | 11:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende que os fondos europeos son unha oportunidade para que Galicia e Asturias poidan competir en igualdade de condicións coas comunidades do arco mediterráneo

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá no encontro dixital ‘La oportunidad de los Fondos Europeos para Galicia y Asturias”, organizado pola Asociación para el Progreso de la Dirección (APD) e Banco Sabadell

19/01/21 | 11:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe a oferta de 5 empresas para executar as obras de acondicionamento do edificio do Servizo de Mobilidade na Coruña que suporá un investimento de 500.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé o comezo das obras esta primavera para telas rematadas este mesmo ano

18/01/21 | 21:57 | C. de Sanidade

O comité propón subir ao nivel máximo de restricións a 55 concellos máis, entre eles Vigo e Pontevedra

Dos municipios con novas restricións 11 están na área sanitaria da Coruña e Cee; 3 na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 5 na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 6 na de Pontevedra e O Salnés; 11 na de Vigo; 10 na de Santiago de Compostela e Barbanza e 9 na de Ferrol

18/01/21 | 19:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra e por vento en Lugo

Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro no noroeste e oeste do litoral coruñés por ventos do sur ou sureste de forza 8 e mar combinada do suroeste con ondas de ata 6 metros