Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

26/12/22 | 12:10 | C. do Medio Rural

A Xunta investiu máis de 48.000€ para a reforma do local social de Santa Cruz de Montaos en Ordes

A iniciativa enmárcase dentro da categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca

25/12/22 | 13:27 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa un acordo para a mellora do benestar e a diminución da pegada de carbono mediante o uso de madeira nas construcións de centros de saúde

O convenio favorece a creación de contornas agradables que favorezan a sensación de benestar mediante a utilización de madeira

23/12/22 | 13:36 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a aposta polo I+D+i nos seus centros de investigación

En conxunto, os tres centros desenvolveron ao longo deste último ano ata 75 proxectos de I+D+i ao abeiro do contrato de xestión 2021-2024 da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

23/12/22 | 12:56 | C. do Medio Rural

A Xunta recibiu máis de 380 solicitudes de axuda ao abeiro da orde para impulsar a madeira como elemento estrutural na construción

O responsable da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, destacou que esta convocatoria está dotada con 2,6 millóns de euros e que favorece a madeira de montes galegos certificados e con marca de garantía
 

23/12/22 | 10:25 | C. do Medio Rural

Comeza a presentación de candidaturas das eleccións para a renovación de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario galego

A campaña electoral arrancará o 3 de febreiro e finalizará o día 17 dese mes, para dar paso ás votacións o 19
 

22/12/22 | 14:49 | C. do Medio Rural

A Xunta acondiciona 370 hectáreas de superficie mediante rozas mecanizadas en montes do distrito forestal III Santiago-Meseta interior

O director xeral de Defensa do Monte supervisou esta mañá diversas obras de xestión de biomasa en pistas forestais do distrito III Santiago-Meseta interior

22/12/22 | 13:37 | C. do Medio Rural

A Xunta levanta a prohibición do cultivo de pataca na totalidade do concello de Muxía

Tras esta xuntanza, convértense en zonas tampón Muxía, Narón, San Sadurniño e Valdoviño

21/12/22 | 14:56 | C. do Medio Rural

A Xunta promoverá a modificación do Plan estratéxico da PAC para dedicar máis fondos a apoiar a produción ecolóxica os vindeiros anos

José González explicou que o Goberno galego estuda esta posibilidade porque é consciente do crecemento “exponencial” rexistrado neste sector nos últimos tempos e, de maneira sorprendente, no último ano
 

21/12/22 | 14:08 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía as axudas para fomentar a agricultura de precisión e a economía circular no sector agrario a través dos fondos Next Generation ata os 25,8 M€

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se amplían as axudas