Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 283 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

23/11/22 | 10:02 | Secretaría Xeral de Emigración

As entidades galegas en Cataluña, en colaboración coa Xunta de Galicia, organizan unha gran homenaxe aos emigrantes dos anos 80

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro cos representantes das asociacións de Cataluña, dentro das reunións habituais que se veñen desenvolvendo cos centros de todo o mundo para planificar as actividades de promoción da cultura e lingua galega

19/11/22 | 12:00 | Secretaría Xeral de Emigración

O INE confirma que Galicia gaña poboación no primeiro semestre de 2022, grazas ao saldo migratorio positivo en 12.768 persoas

O Instituto Nacional de Estatística acaba de publicar os datos provisionais relativos ao primeiro semestre de 2022, que indican que o saldo migratorio foi positivo co exterior en 12.106 persoas e tamén positivo en 622 co resto de CCAA.

17/11/22 | 15:34 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración e a Fundación Ronsel fan balance dos programas de apoio aos galegos retornados no 2022

Ambas entidades colaboran a través do programa Merlo e a través dunha iniciativa de formación para bolseiros Beme coa mentorización dos galegos retornados, tanto na busca de emprego como no éxito das súas iniciativas empresariais

13/11/22 | 13:36 | Secretaría Xeral de Emigración ; A Presidencia da Xunta

Os galegos do exterior participantes no programa Reencontros co Xacobeo rematan a súa experiencia en Santiago de Compostela

Esta iniciativa, que comezou o pasado luns e que conta con case 140 persoas de máis de 65 anos vinculadas a centros galegos do exterior ten como obxectivo difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo

13/11/22 | 11:43 | Secretaría Xeral de Emigración ; A Presidencia da Xunta
09/11/22 | 18:47 | Secretaría Xeral de Emigración

A Ribeira Sacra acolle a visita dos galegos do exterior do programa Reencontros acompañados do Secretario Xeral da Emigración

Nesta iniciativa participan preto de 140 galegos do exterior de máis de 65 anos vinculados a entidades de todo o mundo