Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

11/01/21 | 15:47 | A Presidencia da Xunta

Feijóo confirma o desbloqueo para construír o Novo CHUAC, "o maior investimento feito polo Goberno galego en 40 anos na cidade"

“Esperamos poder iniciar o replanteo das obras a partir do 15 de xaneiro e poder, de forma inmediata, executalas cun prazo de 14 meses, co obxectivo de finalizar o primeiro edificio a principios do ano 2022”, explica

11/01/21 | 14:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta traslada ao Goberno central a necesidade de afrontar a transición ecolóxica desde a cogobernanza, a igualdade de oportunidades e con medidas de acompañamento á industria

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá, mediante videoconferencia, na Conferencia Sectorial de Enerxía

11/01/21 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción do proxecto construtivo da nova depuradora de augas residuais de Cee e Corcubión, que suporá un investimento de máis de 347.000 euros

As empresas interesadas neste contrato, cun prazo de execución de 12 meses, poden presentar as súas ofertas ata o día 18 de febreiro

11/01/21 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica identificou esta fin de semana máis de 1.100 persoas nos controis de medidas ante a covid-19 en Galicia

Leváronse a cabo 112 dispositivos que tiveron como resultado 38 denuncias no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19

11/01/21 | 13:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo para a reserva de praza en centros educativos adscritos no curso 2021/2022

Vai dirixido ao alumnado que remata etapa nun centro escolar e ten que pedila para a seguinte etapa no centro que lle corresponde por adscrición

11/01/21 | 13:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o apoio da Xunta ao desenvolvemento empresarial de Arteixo co inicio da ampliación do acceso ao polígono de Sabón e o impulso do abastecemento a Morás

Sinala que a nova intervención en Sabón, que se prevé rematar en verán do ano que vén, contribuirá a solucionar as retencións de tráfico nas horas punta e reforzarán o seu papel de motor económico do norte de Galicia, con 8.000 traballadores

11/01/21 | 13:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na presentación do cartel da Semana Santa de Santiago nunha edición especial con motivo do Ano Santo

A directora de Turismo de Galicia participou na presentación esta mañá do cartel elaborado de xeito conxunto por todas as confrarías da Semana Santa compostelá

11/01/21 | 13:08

A Xunta pon en marcha un segundo obradoiro dual de emprego en Valga e Moraña para formar este ano a 36 desempregados cun investimento de case 700.000€

A delegada territorial, Luisa Piñeiro, e os alcaldes de Valga e Moraña, José María Bello e José Cela, inauguran ‘Ulla-Umia V’, que se desenvolverá durante nove meses con vinte participantes nos módulos de Forestal e Carpintaría

11/01/21 | 13:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora en proxectos conxuntos dos concellos de Curtis, Sobrado e Vilasantar para levar a cabo melloras ambientais e de infraestruturas

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou as obras deseñadas para facilitar a mobilidade na rúa Xabroeiro, que divide os concellos de Curtis e Vilasantar e nas que Vicepresidencia inviste 43.750 euros

11/01/21 | 13:03 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 8.250 casos activos por coronavirus

Un total de 59.725 pacientes xa están curados