Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/01/21 | 15:14 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 7.795 casos activos por coronavirus

Un total de 59.484 pacientes xa están curados

10/01/21 | 11:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de roza e limpeza nas marxes de distintas estradas da provincia de Ourense e retoma estes labores en vías de Lugo, A Coruña e Pontevedra

Comezarán as intervencións nas estradas da provincia de Ourense OU-504 entre Ribadavia e Cea e na OU-531, de Xinzo a Cortegada; e retomaranse na OU-105, que une a cidade de Ourense coa Ponte Noalla, en San Cibrao das Viñas

10/01/21 | 11:34 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega 325 dispositivos con sinal luminoso e acústico para a colocación nos seus vehículos prioritarios de prevención e defensa contra os incendios forestais

Estes equipos van destinados aos vehículos de brigadas de bombeiros forestais e aos de axentes facultativos medioambientais e axentes forestais da Consellería do Medio Rural, repartidos polos diferentes distritos

10/01/21 | 11:23

A Xunta detecta nichos de emprego en atención sanitaria, limpeza industrial, xestión de chamadas, loxística, educación, industria farmacéutica e empresas TIC

Entre as novas tendencias destacan os profesionais tecnolóxicos vencellados coa sanidade, coa robótica para a industria automobilística, atención telefónica e xestión de pedidos para o comercio electrónico e supervisores de limpeza industrial

09/01/21 | 16:40 | Secretaría Xeral para o Deporte

O deporte galego chora o pasamento de José Luís Méndez, “impulsor do remo en Galicia e gran remeiro olímpico”

A Xunta de Galicia recoñeceu o seu labor a prol da promoción e fomento do deporte e da educación física na comunidade galega no ano 2013 coa entrega da Distinción ao Mérito Deportivo 

09/01/21 | 13:15 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 7.392 casos activos por coronavirus

Un total de 59.172 pacientes xa están curados

09/01/21 | 12:08

Medio Ambiente adxudica por case 46.000 euros a modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia

O obxectivo principal é cambiar as determinacións de certos ámbitos empresariais, a petición dos concellos afectados, e introducir cambios normativos no propio plan co fin de resolver dúbidas de interpretación e adaptalo ao novo marco legal vixente

09/01/21 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta da continuidade ao proxecto 'Acende o Xacobeo' coa iluminación das sete cidades galegas ata o 25 de xullo

A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela iluminan algúns dos seus principais edificios uníndose así ao Xacobeo2021

09/01/21 | 12:00 | Secretaría Xeral de Emigración

GaliciaAberta incrementou en 2020 o seu número de usuarios ata superar os 276.000

O portal web da Secretaría Xeral da Emigración recibiu o ano pasado preto de 401.100 visitas, o que supón un 5% máis ca no exercicio anterior

09/01/21 | 11:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de cinco ríos nos concellos de Betanzos e de Paderne

Augas de Galicia levará a cabo as actuacións en dous tramos distintos do río Caraña ao seu paso por estes dous municipios e tamén nos ríos: Infesta, Pasatempo, Angustias e Mendo, no seu percorrido polo termo de Betanzos