Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

08/01/21 | 14:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu máis de 244.000€ en diferentes actuacións medioambientais no concello das Pontes

Trenor destacou que o Fondo de Compensación Ambiental deixou na comarca de Ferrolterra máis de 937.000 euros en 14 proxectos

08/01/21 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta axudará a financiar a construción do novo auditorio municipal do concello de Marín

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, anunciou esta mañá que a Xunta e o Concello asinarán un convenio de colaboración para garantir a posta en marcha da infraestrutura cultural

08/01/21 | 13:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a dotación de vestiarios no complexo deportivo do parque Eloísa Rivadulla de Chantada

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, as melloras realizadas no marco da Orde de Infraestruturas de uso público

08/01/21 | 13:05 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que a Xunta investiu máis de 100 M€ desde 2009 na mellora das infraestruturas de atención primaria

“As mellores infraestruturas que os gobernos poden tramitar, executar e pagar son as infraestruturas sanitarias”, destaca

08/01/21 | 12:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os traballos de rehabilitación na fachada do hospital de San Roque estarán rematados en verán

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, visitou hoxe as obras que contan cunha inversión de preto de 200.000 euros por parte do Goberno galego

08/01/21 | 12:32

A Xunta conclúe o trámite ambiental do proxecto da terminal de autobuses integrada na estación intermodal da Coruña

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se fai público o informe de impacto ambiental correspondente, que conclúe que non son previsibles efectos significativos no medio ambiente pola construción da nova infraestrutura

08/01/21 | 12:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo para a mellora do abastecemento nos concellos de Ribadeo e Trabada

O contrato, cun investimento de máis de 18.000 euros, conta cun prazo de execución de 6 meses

08/01/21 | 12:10
08/01/21 | 12:08 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 6.889 casos activos por coronavirus

Un total de 58.766 pacientes xa están curados

08/01/21 | 11:54

A Xunta entrega os diplomas ás 20 persoas participantes no obradoiro de emprego 'Río Neira II', ao que a Xunta destinou case 473.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, participou na clausura do taller, que se desenvolveu nos concellos de Láncara, Baralla, As Nogais e Triacastela