Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

08/01/21 | 11:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
08/01/21 | 11:35 | C. do Medio Rural

O Plan Forestal de Galicia dá cumprimento a case o 75% das recomendacións do Ditame da Comisión Forestal do Parlamento

Así o destacou José González, sinalando que as restantes recomendacións que implican á Consellería están incluídas no borrador da Lei de recuperación da terra agraria, que iniciará proximamente a súa tramitación na Cámara

08/01/21 | 10:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas para impulsar a competitividade dos parques empresariais e a creación de novos viveiros industriais

Prevese a mellora das infraestruturas de 28 polígonos e a implantación de catro viveiros grazas a un investimento de 3,1M€

08/01/21 | 09:48 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para o fomento das razas autóctonas galegas por un importe de 200.000 euros

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica, sendo o prazo de presentación dun mes contado a partir de mañá

07/01/21 | 16:01

Luisa Piñeiro destaca a "forte aposta da Xunta pola formación e o emprego" en Lalín coa participación de 120 desempregados no obradoiro dual e o programa integrado cun investimento de 600.000€

A delegada territorial e o alcalde Xosé Crespo inauguran a iniciativa 'Foresta Lalín III', que se desenvolverá durante nove meses e na que toman parte vinte persoas sen traballo cun investimento de 346.946€

07/01/21 | 14:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca un investimento de case 800.000 € na rehabilitación integral do CEIP Plurilingüe Xulio Camba

Salientou que o seu departamento vai continuar executando melloras nos centros educativos, como a rehabilitación integral desenvolvida neste, ao abeiro dos Orzamentos 2021

07/01/21 | 14:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu máis de 84.000€ en diferentes actuacións medioambientais nos concellos de Val do Dubra e Trazo

Trenor destacou que o Fondo de Compensación Ambiental deixou na comarca de Santiago máis de 416.000 euros en 16 proxectos

07/01/21 | 13:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Pereiro de Aguiar na urbanización do entorno do CEIP Ben-Cho-Shey cunha axuda de preto de 32.000 euros

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou esta mañá o concello de Pereiro de Aguiar, onde indicou que as obras levadas a cabo son a través das axudas do Fondo de Compensación Ambiental, que nesta convocatoria conta cun orzamento de 12,5 millóns de euros

07/01/21 | 13:23 | C. de Política Social e Igualdade

Fernández-Tapias destaca en Down Vigo o apoio da Xunta á igualdade de oportunidades a través do programa de formación universitaria para mulleres

A delegada territorial da Xunta informou de que cinco entidades da área territorial reciben apoios baixo o eixe común da loita pola igualdade de oportunidades

07/01/21 | 13:01

Medio Ambiente tratou case 70.000 quilos de residuos sanitarios de baixo risco durante a segunda onda da covid-19

No período comprendido entre o 23 de novembro e o 18 de decembro xestionou un 7% máis deste tipo de refugallos de baixo risco, superando lixeiramente os da primeira onda cando se xestionaron 65.000 kg