Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta lembra as medidas adoptadas para facilitar o movemento e a venda de vexetais sensibles ao psílido africano dos cítricos
A comercialización e traslado de cítricos dentro das zonas demarcadas permítese baixo certas condicións que limiten a transmisión da praga
A Xunta publica a licitación das obras na residencia de maiores Concepción Arenal da Coruña nas que investirá preto de 253.000 euros
As actuacións son para a reparación da cuberta plana da planta baixa do centro
A Xunta aboa cerca do 80% das axudas do Plan de rescate, das que 14.000 van dirixidas ao sector da hostalaría
O Goberno autonómico pagou 30.539 axudas dirixidas a persoas traballadoras autónomas, microempresas e sector hostaleiro por valor de case 61 millóns de euros
O sector pesqueiro galego poderá beneficiarse de máis de 1,6 millóns de euros en axudas para poñer en marcha proxectos innovadores
Esta cantidade enmárcase na convocatoria de 2021 destas achegas cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca que publicará nos vindeiros días o ‘Diario Oficial de Galicia’
A Xunta lembra que as persoas sen fogar contan cunha rede de albergues en toda a comunidade para protexerse da vaga de frío
Galicia conta con máis de 300 prazas en instalacións xestionadas por diferentes entidades sociais repartidas entre as catro provincias galegas
Os concellos de Santiago, Teo e Ames pasan ao nivel máximo de restricións
O subcomité clínico decidiu tamén que os concellos da Coruña, Ourense, Arteixo, Cambre, Culleredo e Barbadás pasen ao nivel medio alto de restricións
Feijóo destaca o dobre revulsivo deportivo e expositivo da segunda ampliación do Ifevi
Sinala que esta infraestrutura deportiva é unha solución para que os atletas vigueses poidan adestrar todos os dias do ano nunha pista cuberta, sen límite de capacidade e con independencia da situación meteorolóxica
Axentes da Consellería de Medio Ambiente interceptan a dous pescadores furtivos de salmóns no río Ulla
Os denunciados foron localizados durante a tarde do pasado día 6 de xaneiro no lugar de Ollares, unha das mellores zonas para a reprodución desta especie
A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña
Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro no noroeste e oeste da costa coruñesa por mar combinada do noroeste con ondas de máis de 4 metros e vento do noroeste forza 8
A Xunta xa abonou ao sector do ocio nocturno o 84% das axudas aprobadas para sufragar os gastos de alugueiro
O Goberno galego apoia, con contías de ata un máximo de 20.000 euros, aos titulares dun contrato de aluguer de discotecas, pubs, cafés-espectáculos, salas de festas e salas de concertos que permanecen pechados desde o 15 de agosto