Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

11/01/21 | 12:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Consellería de Educación realiza melloras no CEIP de Randufe e no IES San Paio de Tui para incrementar a súa confortabilidade por 91.000€

O departamento autonómico realizou o cambio de cuberta no colexio público para corrixir filtracións de augas e mudou case 800 m2 de teito cunha instalación de chapa de aceiro prelacado

11/01/21 | 12:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego estrea a obra 'O charco de Ulises' coa que abre un novo modelo de produción e distribución

É unha das tres producións propias que o CDG porá en escena este ano, coas que a Xunta dá á creación teatral de autoría galega o maior impulso na última década

11/01/21 | 12:35

Medio Ambiente somete a información pública por un prazo de dous meses o Plan Básico Municipal do Concello do Páramo

A partir de hoxe, todas as persoas ou entidades interesadas poderán presentar as súas achegas ao documento, aprobado inicialmente o pasado 10 de decembro

11/01/21 | 12:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta recibe á decana do Colexio de Economistas de Ourense

Gabriel Alén interesouse polo traballo que este colectivo profesional está a desenvolver e sobre os servizos que ofrecen aos seus colexiados

11/01/21 | 12:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As empresas teñen de prazo ata o 21 de xaneiro para presentar ofertas para as obras de mellora do abastecemento de Castro de Rei, que suporán un investimento de 630.000 euros

O obxectivo é resolver os problemas para cubrir as demandas de auga estivais no núcleo de Castro de Ribeiras de Lea, desde onde tamén se abastece ao polígono industrial

11/01/21 | 11:14

As axudas para compensar os danos causados polo xabaril e o lobo en cultivos e gando poderán solicitarse a partir de mañá

O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar as ordes polas que se convocan ambas liñas de subvencións, dotadas en total de máis de dous millóns de euros e coas que se estima que se poderán outorgar unhas 2.300 subvencións

11/01/21 | 11:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a aprobación do proxecto de construción dunha senda peonil na estrada autonómica AC-214 en Sigrás, no Concello de Cambre

Esta actuación dispón dun investimento de 878.000 euros e as obras serán licitadas no primeiro trimestre deste ano

11/01/21 | 11:03

A Xunta abre a convocatoria para que as entidades locais contraten mulleres vítimas de violencia de xénero

A Xunta inicia mañá o prazo para que concellos, mancomunidades, consorcios ou agrupacións de municipios accedan a estes apoios aos que se destinan 1,4M€

11/01/21 | 10:05 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 41 persoas por 35 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 8 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 10 de decembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 43 chamadas por accidentes de tráfico

10/01/21 | 17:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mobiliza desde o xoves máis de 20 equipos quitaneves, máis de 1.000 toneladas de sal e 710.000 litros de salmoira para garantir a seguridade nas estradas autonómicas por mor do temporal

O operativo esparexeu na noite de onte case 160 toneladas de sal e 88.000 litros de salmoira na rede viaria autonómica
Nas estradas da provincia da Coruña e do sur da de Pontevedra, o consumo de sal acadou desde o inicio deste temporal un terzo do total previsto para todo o inverno