Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

02/01/21 | 11:24

Galicia subvenciona ata a metade das melloras nas pemes de transformación de produtos do mar que fomenten a sustentabilidade ambiental

A Xunta destina 16 millóns de euros á convocatoria de 2021 destas achegas a proxectos que contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no medio ambiente e a avanzar na seguridade, na hixiene e nas condicións de traballo

02/01/21 | 11:15 | C. de Facenda e Administración Pública

O Programa Estatístico 2022 recollerá 154 estatísticas sobre territorio, poboación, sociedade, estrutura produtiva e tecnoloxía

Este é o primeiro programa do novo Plan Galego de Estatística 2022-2026, que consolida e amplía os logros dos anteriores e aposta pola calidade

02/01/21 | 11:02

As obras de humanización de varias rúas de Xunqueira de Espadañedo comezarán nos vindeiros días

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asinou o contrato polo que se adxudica esta actuación, que será financiado ao 100% pola Xunta

02/01/21 | 10:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a licitación das obras na residencia de maiores de Burela ás que destinará máis de 190.000 euros

Mediante esta actuación realizarase unha substitución e instalación de carpinterías exteriores e novas ventás nas catro plantas de habitacións do centro

02/01/21 | 10:52 | C. do Medio Rural

Case un cento de empresas galegas beneficiáronse en 2020 de 26 M€ das axudas da Xunta para a transformación e comercialización de produtos agrarios

Estas subvencións buscan fomentar a creación, ampliación e modernización das industrias agrarias galegas, para afondar no desenvolvemento económico e na fixación de poboación no rural

02/01/21 | 10:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a licitación das obras no CAPD da Coruña ás que destinará preto de 480.000 euros

As empresas interesadas deberán presentar a súa proposta antes do 19 de xaneiro

01/01/21 | 12:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incrementa as horas do servizo de axuda no fogar a persoas dependentes en 30 municipios lugueses

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que estes concellos ofrecerán ás persoas usuarias 160.000 horas anuais máis de asistencia domiciliaria

01/01/21 | 12:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias cifra nun 33,52% o incremento das horas do servizo de axuda no fogar en oito concellos da área de Vigo

A delegada da Xunta de Galicia en Vigo informa do aumento en máis de 300.000 horas superando o millón anual nos concellos de Baiona, Cangas, Gondomar, Moaña, Mos, O Porriño, Salvaterra de Miño e Vigo

01/01/21 | 12:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción dun estudo sobre os terreos da zona de fluxo preferente do río Lagares no Concello de Vigo

O contrato supón un investimento de 18.000€ e un prazo de execución de 2 meses

01/01/21 | 12:08 | Secretaría Xeral de Emigración

As oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno en Galicia acompañaron en 2020 a case 3.500 familias chegadas a Galicia nos últimos anos

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou xunto ao delegado da Xunta en Lugo, a oficina situada na cidade do Miño e que dispón de persoal especializado para acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo o seu proceso de retorno