Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

31/12/20 | 11:19 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 5.680 casos activos por coronavirus

Un total de 55.910 pacientes xa están curados

31/12/20 | 11:09

Galicia aproba preto dun cento de plans de xestión no marco do primeiro Plan xeral de explotación marisqueira con vixencia de tres anos

A orde que regula a actividade, publicada hoxe no ‘Diario Oficial de Galicia’ e que xa está en vigor, inclúe 52 plans de marisqueo a pé, 35 desde embarcación e outros sete mixtos

30/12/20 | 20:27 | C. de Sanidade

Sanidade amplía a campaña de vacinación da gripe ata o 16 de xaneiro

O obxectivo da ampliación de prazos é ofrecer a posibilidade de protexerse fronte a esta infección ás persoas que aínda non se vacinaron

30/12/20 | 19:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Anxo M. Lorenzo presenta o libro promovido pola Xunta ‘Crecer co mar’, que repasa a historia de Bueu como vila mariñeira

A publicación completa a mostra que pode verse no Museo Massó con fondos propios e recolle a nova museografía

30/12/20 | 18:04 | C. de Facenda e Administración Pública

O ingreso medio dos fogares galegos medrou un 4,3% en 2019 e acadou os 2.290 euros mensuais, o máis alto da serie histórica

A Enquisa Estrutural a Fogares do IGE mostra que este indicador medrou por sétimo ano consecutivo

30/12/20 | 16:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en marcha un obradoiro dual de emprego nos concellos de Mondariz e Covelo cun investimento de 346.946€

A delegada territorial, Luisa Piñeiro, inaugura esta iniciativa, que se desenvolverá durante nove meses e na que participarán vinte persoas sen emprego que terán a posibilidade de traballar tres meses máis en empresas da contorna

30/12/20 | 16:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a formación de persoas sen emprego no sector da hostalería coa 12ª edición do obradoiro dual da Mancomunidade do Salnés en Sanxenxo

A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, e a delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, asistiron hoxe á inauguración desta iniciativa, que formará a vinte persoas desempregadas nos módulos de Cociña e Servizos de Bar e Restauración durante nove meses cun investimento de 346.946€

30/12/20 | 16:12 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia pide precaución ante o aumento de desprazamentos nas festividades do Nadal

Durante as festividades de 2019, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 312 chamadas en relación cos accidentes de tráfico, que xeraron 248 asistencias, nas que atenderon a 324 persoas, das que catro faleceron no punto do incidente