Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

01/01/21 | 12:01 | C. de Sanidade

A Xunta informará ao Parlamento de Galicia do desenvolvemento do Plan galego de vacinación fronte ao SARS-CoV-2

O Goberno galego vén de solicitar a comparecencia da directora Xeral de Saúde Pública, a petición propia, para informar á Comisión de Sanidade sobre o dito plan

01/01/21 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
01/01/21 | 11:58 | C. do Medio Rural

A Xunta inscribe os primeiros sete montes no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

Dous dos montes están situados na provincia da Coruña e os outros cinco na de Pontevedra, abranguendo unha superficie total superior ás 250 hectáreas

01/01/21 | 11:15 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 5.777 casos activos por coronavirus

Un total de 56.338 pacientes xa están curados

01/01/21 | 11:03 | Secretaría Xeral de Emigración

As oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno en Galicia acompañaron en 2020 a case 3.500 familias chegadas a Galicia nos últimos anos

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado da Xunta na Coruña, visitou as oficinas situadas en Santiago de Compostela e A Coruña que dispoñen de persoal especializado para acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo o seu proceso de retorno

01/01/21 | 08:52 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Galicia elimina practicamente a fenda dixital de xénero que se sitúa nun 0,6%

En tres anos as diferencias no uso de internet entre galegos e galegas reducíronse un 80% e sitúanse na media da Unión Europea

01/01/21 | 08:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina dous millóns de euros á contratación de xestores en empresas galegas para impulsar as vendas no exterior

O obxectivo é que pemes e organismos empresariais empreguen expertos en comercio exterior para a realización de proxectos de internacionalización

01/01/21 | 08:20

As axudas do Programa de mellora e reforma enerxética de vivendas e edificios poderán solicitarse a partir de mañá

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda xestionará por primeira vez este programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, reguladas polo Real decreto do 4 de agosto, para as que se prevé unha anualidade de 8,5 millóns de euros

01/01/21 | 08:04 | C. de Política Social e Igualdade

O Cegadi acolle un proxecto de terapia acuática para impulsar a autonomía de persoas con algunha patoloxía neurolóxica

Cogami desenvolve esta actividade innovadora na piscina do Centro Galego de Desenvolvemento Integral emprazado en Santiago de Compostela