Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta remata as obras de acondicionamento da parada de autobús da estrada PO-308 en Laño, no concello de Poio
Os traballos, cun investimento de máis de 32.000 €, incluíron o traslado da marquesiña situada no punto quilométrico 9+460 ata a cuña de deceleración do punto 9+400
Gabriel Alén pon en valor o papel das asociacións de comerciantes no impulso dos negocios locais
A campaña desenvólvese en máis de 40 localidades de toda Galicia e en 11 da provincia de Ourense; O Barco, Allariz, Xinzo de Limia, Verín, Ourense cidade, Ribadavia, Celanova, O Carballiño, Castro Caldelas, Maceda e Barbadás
A Xunta destaca a mellora da protección da saúde pediátrica que ten suposto a incorporación ao calendario galego neste ano de vacinas fronte á Gripe, o VPH e a Meninxite B
Galicia, pioneira na administración da vacina do VPH a varóns de 12 anos, co acordo do Ministerio de Sanidade de estender esta medida a toda España
A Xunta inaugura no Museo Etnolóxico de Ribadavia unha exposición sobre ferramentas de loita contra os incendios
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, subliña que esta mostra contribúe a “entender, reforzar e enaltecer aínda máis o enorme traballo que desenvolven os bombeiros forestais”
A Xunta ratifica na Coruña o seu compromiso para garantir a igualdade das persoas Lgtbi
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na inauguración dos XXXII Encontros Estatais LGTBI, que organiza Alas Coruña, co apoio da Administración autonómica
Augas de Galicia expón a experiencia de xestión da Xunta nunhas xornadas sobre riscos climáticos en Calpe
A administración hidráulica autonómica explica o seu labor de planificación e de adaptación normativa para lograr unha xestión acorde co cambio climático e os obxectivos ambientais
Rueda aborda con Adrián Barbón retos comúns para Galicia e Asturias e agradece ao presidente do Principado o diálogo cordial entre as dúas Administracións
Salienta a boa disposición para chegar a acordos en asuntos como o financiamento autonómico, o corredor atlántico, a crise das electrointensivas ou o veto á pesca de fondo
A Xunta pon en valor a importancia da gastronomía baseada na calidade como motor do turismo galego
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na comida do Foro de Presidentes de Academias Autonómicas de Gastronomía de España
A Xunta informa aos agricultores e aos operadores de industrias de penso animal das oportunidades de cultivo de chícharos bravos
Trátase dun cultivo que mellora a estrutura e a microbioloxía do solo, así como a infiltración de auga, e que fixa nitróxeno atmosférico
A Xunta e o Concello de Santiago avanzan en acordos en materia de mobilidade, emerxencias e turismo
Rueda anuncia que se deron os “pasos definitivos” para facer realidade a comarcalización do Parque de Bombeiros o vindeiro ano