Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

21/10/22 | 14:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias visita a reforma do ximnasio e os vestiarios do IES Alexandre Bóveda tras o inicio da obra cun investimento de 337.000 euros

A delegada territorial de Xunta en Vigo informou da adxudicación da mellora no instituto do barrio de Coia

21/10/22 | 14:31

Lorenzana anuncia a reedición do plan Emprega Discapacidade e Exclusión Social con máis de 44 M€ para formación, emprendemento e contratación inclusiva

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou na clausura do XVIII Congreso Nacional de Centros Especiais de Emprego
 

21/10/22 | 14:25 | C. de Economía e Industria

O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na 10ª etapa do proxecto Galicia Camiño Emprendedor

Gabriel Alén sinalou que a finalidade é apoiar ás persoas que teñen en mente iniciar un proxecto empresarial mediante un proceso de mentoring a través da realización das etapas do Camiño de Santiago

21/10/22 | 14:25

Galicia remite ao Estado o seu plan de xestión do xabaril para previr a entrada da peste porcina, a primeira comunidade en facelo

O documento detalla as medidas de actuación a aplicar na Comunidade, entre elas, o incremento das medidas de control sobre as poboacións da especie, a ampliación do período hábil de caza, a protección dos cultivos ou a concienciación social

21/10/22 | 14:13

A Xunta concede a Bandeira Verde de Galicia a 15 concellos polo seu compromiso co medio ambiente e a conservación da paisaxe

Os municipios da Laracha, Cervo, Muros, Ribadeo, Ribeira e Touro son galardoados por primeira vez e os de Alfoz, Curtis, Moaña, Mondoñedo, Ordes, Outeiro de Rei, Parada de Sil, Porto do Son e Sober revalidan a Bandeira Verde de 2021

21/10/22 | 14:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de construción da 1ª fase de humanización da avenida de Galicia en Teis, no concello de Vigo

Esta intervención na estrada PO-323 suporá un investimento autonómico de 2,5 M€ e ten como obxectivo fomentar a mobilidade sostible nesta vía de entrada á cidade, a través de actuacións de acougado do tráfico rodado e mellora dos itinerarios peonís

21/10/22 | 14:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Pontevedra o importante papel dos profesionais do deseño para a competitividade do sistema galego de innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe no 10º Encontro Nacional de Deseño, onde animou aos creadores participantes a rexistrarse no Mapa de Provedores do Deseño Galego, unha plataforma para conectar a oferta de servizos do sector coa demanda empresarial

21/10/22 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro na provincia de Pontevedra e no oeste e suroeste da Coruña

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese

21/10/22 | 13:59 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa o voluntariado interxeracional para favorecer a transmisión de coñecemento dos maiores aos mozos

O novo programa da Xunta de voluntariado interxeracional ten como obxectivo fomentar os encontros e as actividades entre mozos de entre 16 e 35 anos e maiores de 55 anos para impulsar o seu crecemento persoal e profesional

21/10/22 | 13:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta recibe a un grupo de menores con discapacidade intelectual que fixeron o Camiño coa Fundación A la par

Lanzáronse 300 globos que levaban no seu interior os desexos dos participantes nesta experiencia