Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

21/10/22 | 13:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove a música galega no Womex de Lisboa cunha misión comercial de 12 empresas baixo a marca Galiciantunes

A delegación galega ofrece unha recepción internacional na que participa o director da Axencia Galega das Industrias Culturais e difunde os últimos traballos de máis de 30 artistas e formacións musicais cara aos 2500 profesionais acreditados

21/10/22 | 13:43

A campaña ‘Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual’ desembarca en Ferrolterra cun stand informativo no paseo da Madalena, en Cabanas

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou a iniciativa que pon a disposición da cidadanía diferentes talleres de sensibilización e actividades lúdicas

21/10/22 | 13:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a CEL presentan o II Foro Think Tank, que terá lugar o luns en Pantón e centrarase no potencial da Ribeira Sacra

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o secretario da entidade, Jaime López, presentaron hoxe os detalles da xornada, que elevou as prazas a 70 e xa ten o aforo completo

21/10/22 | 13:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o apoio ao eido local galego cun incremento superior ao 15% nos orzamentos de 2023

Anunciouno hoxe o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes nunha visita ao concello ourensán de Castrelo de Miño, onde o Goberno galego vén de colaborar na adquisición dunha máquina escavadora

21/10/22 | 13:09 | C. de Economía e Industria

Galicia espera que o Goberno central inxecte máis fondos públicos á futura convocatoria do PERTE naval para que o sector poida manter a súa competitividade

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinalou hoxe en Vigo que a Xunta ofrece toda a súa experiencia de xestión para conseguir unha execución eficiente dos fondos europeos

21/10/22 | 13:03

Gabriel Alén salienta o compromiso dos Orzamentos 2023 co benestar das familias ourensás

Gabriel Alén valorou os orzamentos para 2023 “positivos para Ourense porque converxen en tres grandes obxectivos, eixos prioritarios para o goberno galego: Familia, Emprego e Futuro, e que se concretan na provincia de xeito relevante”

21/10/22 | 13:02 | C. do Medio Rural

A Xunta actualiza o portal de información sobre as axudas da PAC para o período 2023-2027

O novo apartado web creado recolle información útil tanto dos procedementos de cada unha das axudas como das súas novidades

21/10/22 | 12:59

Lorenzana sinala que a Estratexia galega de economía social 2022-2026 impulsará o crecemento das empresas e entidades igualitarias, inclusivas e sustentables

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, interviu hoxe en Santiago de Compostela no acto do XX aniversario do centro universitario especializado na investigación e no estudo do cooperativismo (Cecoop)
 

21/10/22 | 12:58 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación do Camiño inglés na Escola para dar a coñecer os valores xacobeos entre os mozos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do proxecto O Camiño Inglés na Escola no CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés en Oroso

21/10/22 | 12:53 | C. de Política Social e Igualdade

Martina Aneiros destaca o traballo da ASCM favor da inclusión social das personas con discapacidade na ruta xacobea a través da guía “El Camino inglés sobre ruedas”

A guía recolle o itinerario accesible recomendado, con referencias gráficas e puntos a ter en conta para conseguir a Compostela de Ferrol a Santiago