Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

21/10/22 | 11:24 | C. de Economía e Industria

Conde resalta que a estabilidade, a prudencia e a unidade dos Orzamentos de 2023 son as mellores bases para blindar a Galicia da incerteza económica

Apela á experiencia acumulada na xestión das contas autonómicas como unha garantía para que Galicia poida afrontar os retos que se lle presentan

21/10/22 | 10:56 | C. de Sanidade

A Xunta incrementa en máis dun 70 % os fondos para os programas poboacionais de cribado no proxecto de orzamentos para o 2023

A contía destinada aos Programas poboacionais de cribado pasará dos 1,5 aos 2,6 millóns de euros o vindeiro ano

21/10/22 | 10:55

A Xunta inviste 600.000 euros na formación dirixida aos axentes sociais para impulsar a igualdade laboral a través da negociación colectiva e o diálogo social

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe en Santiago de Compostela na apertura dun seminario que apoia a Xunta sobre fenda salarial, igualdade retributiva e auditoría salarial organizado pola CEG

21/10/22 | 10:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta
21/10/22 | 10:37 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.468 casos activos por coronavirus

Un total de 675.161 pacientes xa están curados

20/10/22 | 18:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo Gaiás abre o ‘Galiverso’, un espazo que difunde o patrimonio artístico e cultural de Galicia a través da realidade virtual

A Cidade da Cultura é a primeira entidade en acoller esta proposta da Xunta que se constitúe como unha ventá aberta ao futuro Centro de Artes Dixitais de Galicia

20/10/22 | 18:03 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta inclúe uns investimentos iniciais por 17,8 M€ para as comarcas do Condado, A Paradanta e O Baixo Miño no proxecto dos Orzamentos 2023

As bisbarras do Condado e A Paradanta roldarán os 10 M€ con actuacións na PLISAN, os plans Hurbe de Crecente, Arbo e Salvaterra, as obras de saneamento e abastecemento en Salvaterra, Arbo e Ponteareas ou os centros de saúde de Salvaterra e Crecente

20/10/22 | 17:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mantén a declaración de seca prolongada en toda a demarcación Galicia-Costa con perspectivas optimistas para reverter a situación nas vindeiras semanas

A ocupación actual dos encoros de abastecemento en Galicia-Costa é do 53,7%, un 15% inferior á media dos últimos 10 anos, aínda que as últimas choivas permitiron a estabilización dos seus niveis e, incluso nalgúns casos, unha lixeira melloría

20/10/22 | 17:37

Hoxe comeza a campaña electoral ás vogalías das xuntas xerais das confrarías de Galicia e estenderase ata o 27 de outubro

Un total de 1.670 traballadores e de 991 empresarios do mar son candidatos a vogais dos órganos de xestión dos pósitos