Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

20/10/22 | 17:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inclúe uns investimentos iniciais por 35,5 M€ para a comarca do Salnés e O Ullán no proxecto dos Orzamentos Autonómicos 2023

O delegado territorial, Luis López, informou das contas para a bisbarra nunha a visita á EDAR cambadesa de Tragove, na que se investirán 3,8 M€, e destacou as importantes actuacións en materia sanitaria, de saneamento, nos peiraos, en medio ambiente e no solo empresarial

20/10/22 | 16:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete destaca o nivel acadado pola patinaxe galega con representantes da talle de Jhoan Sebastián Guzmán, tetracampión europeo en velocidade

Salienta o traballo que a Federación Galega de Patinaxe realiza dende a base, un traballo implantado polo presidente da Federación, xa desaparecido, Vicente Torres e que o pasado 5 de outubro recibía a distinción ao Mérito Deportivo de Galicia a título póstumo

20/10/22 | 16:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inclúe uns investimentos iniciais por 35,7 M€ para as comarcas de Deza e Tabeirós-Montes no proxecto dos Orzamentos Autonómicos 2023

O Concello de Lalín dispón de partidas para o remate do Centro Integral de Saúde, todos os edificios de servizos rurais e de extinción de lumes, para saneamento ou a rehabilitación da Casa de Don Álvaro ata alcanzar un importe de 19,6 M€

20/10/22 | 16:35

A Xunta salienta os bos resultados das actuacións levadas a cabo ao abeiro do Pacto pola Paisaxe da Ribeira Sacra

É un dos 10 proxectos que integran o Plan de acción estratéxico para a Ribeira Sacra, que, cun orzamento de 4,5 M€, representa unha estratexia de actuación ambiental e de ordenación do medio físico que beneficia a un total de 30 concellos

20/10/22 | 16:24 | C. de Política Social e Igualdade
20/10/22 | 16:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta consolida o recoñecemento á traxectoria profesional do persoal da Administración de Xustiza en Galicia

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, presidiu hoxe a mesa sectorial de Xustiza

20/10/22 | 16:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inclúe uns investimentos iniciais por 88,1 M€ para o Concello de Pontevedra no proxecto dos Orzamentos autonómicos 2023

O delegado territorial, Luis López, informou das contas para a cidade, que medran un 14% con respecto ás actuacións de 2022, “e cumpren co obxectivo do Goberno galego de adicar 240 M€ en tres anos para completar a modernización de infraestruturas e servizos públicos no municipio”

20/10/22 | 16:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta do tecido empresarial galego pola tecnoloxía no actual contexto de transición ecolóxica e dixital

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na clausura da XX Edición de GaliciaTIC, onde lembrou que as empresas galegas investiron en 2021 un 19% máis en tecnoloxía, mentres que o uso da intelixencia artificial medrou un 50%

20/10/22 | 16:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lugo suma 1.712 M€ de investimento nos Orzamentos da Xunta e volve a ser a provincia con maior contía por habitante

O delegado territorial, Javier Arias, destaca os 13,2 M€ destinados á infraestruturas sanitarias, co foco posto no incremento de servizos e persoal en atención primaria