Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

21/10/22 | 12:52 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a produción anual do sector da castaña en Galicia xera un valor económico superior aos 50 M€

Dentro desa cifra, o director tamén salientou que o impacto económico anual a nivel autonómico é de 20 millóns de euros pagados aos produtores
 

21/10/22 | 12:46 | C. de Sanidade

A Xunta incrementa en máis dun 70% os fondos para os programas poboacionais de cribado no proxecto de orzamentos para o 2023

A contía destinada aos Programas poboacionais de cribado pasará dos 1,5 aos 2,6 millóns de euros o vindeiro ano

21/10/22 | 12:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo mostra o apoio da Xunta ao deporte da loita en Galicia

O vicepresidente segundo da Xunta asistiu ao combate da loitadora galega Nerea Pampín para optar á medalla de bronce do campionato do mundo sub-23 de loita feminina

21/10/22 | 12:29

A Xunta destina en 2023 máis de 11 M€ aos grupos de acción local do sector pesqueiro para garantir o seu labor na transición ao novo Fondo Pesqueiro Europeo

O fin é que os GALP continúen coa súa actividade de dinamización socioeconómica das zonas costeiras ao tempo que avanzan nas novas estratexias de desenvolvemento local participativo que rexerán no próximo período de programación financeira

21/10/22 | 12:10 | C. do Medio Rural

A Xunta investirá 4,4 millóns de euros na execución de polígonos agroforestais e aldeas modelo no ano 2023

Dous dos tres posibles polígonos de Paradela destinaríanse a viñedos, mentres que o terceiro buscaría a recuperación e a revalorización das frondosas autóctonas caducifolias da zona

21/10/22 | 12:07

A Lei de áreas empresariais entrará en vigor o 10 de novembro para facilitar a planificación e creación de solo industrial na comunidade

Trátase dunha normativa pioneira a nivel estatal e promovida co obxectivo de dotar a Galicia de espazos empresariais funcionais e totalmente equipados, garantindo o equilibrio entre un uso sustentable do territorio e a actividade económica
 

21/10/22 | 11:44 | C. de Facenda e Administración Pública

‘Sofía’ e Mateo’ son os nomes máis frecuentes das nenas e nenos que nacen en Galicia

O IGE publica hoxe a ‘Estatística de nomes dos neonatos galegos’ correspondente ao ano 2021

21/10/22 | 11:35 | A Presidencia da Xunta

Rueda pon o Camiño de Santiago como exemplo de turismo respectuoso co medio ambiente e coas tradicións dos territorios e cidades que percorre

Salienta o espírito tolerante do peregrino e a esencia enriquecedora do fenómeno xacobeo, “que se mantén invariable ao longo dos tempos”

21/10/22 | 11:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia acolle nas súas aulas máis de 700 nenos ucraínos en 125 centros para os que a Xunta deseñou un Plan de Acollida e liñas específicas de apoio

Román Rodríguez salienta que o conflito bélico supuxo “un novo reto” para o sistema educativo galego que a Xunta asumiu “con total responsabilidade para facilitar a máxima integración posible destas familias tanto no eido escolar coma no territorio”