Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

29/12/20 | 15:19 | A Presidencia da Xunta

As Directrices da Paisaxe entrarán en vigor no primeiro trimestre de 2021 para protexer os valores paisaxísticos de Galicia

Feijóo subliña que deberán integrarse en calquera plan, programa ou proxecto que se leve a cabo na comunidade autónoma

29/12/20 | 15:17 | A Presidencia da Xunta

O Goberno galego aproba a prórroga da Tarxeta Básica ata o 30 de xuño de 2021 para seguir axudando ás persoas que máis o necesitan

Feijóo destaca, por outra banda, o incremento nun 50% dos fondos que se destinan nestes momentos á Rede Galega de Atención Temperá

29/12/20 | 15:12 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a contratación por máis de 7 millóns de euros da nova ampliación de Ifevi en 5.000 metros cadrados

“Desde que chegamos ao Goberno, levamos investidos no Ifevi case 16 millóns de euros en sucesivas ampliacións”, di, subliñando a importancia deste complexo para a celebración de eventos de referencia internacional como Conxemar, Navalia ou Mindtech

29/12/20 | 14:42

Fernández-Tapias pon en valor as políticas de emprego da Xunta cun investimento que roza os 12 millóns na comarca de Vigo

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo acudiu hoxe á inauguración de 'Crea e Coida Miñor II' o obradoiro que formará a 20 persoas durante os próximos 9 meses en atención sociosanitaria e deseño de produtos gráficos

29/12/20 | 14:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta enxalza cos Premios Artesanía de Galicia un sector clave para a cultura e o desenvolvemento económico da Comunidade

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou na entrega destes galardóns cos que se recoñece o talento e se busca potenciar a creatividade e a introdución da innovación e do deseño nos procesos de produción

29/12/20 | 14:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a dinamización da vida local con axudas ás entidades veciñais para manter a súa actividade e mellorar os seus servizos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, as actuacións levadas a cabo na Asociación de Veciños Vilar de Astres para reformar o local social e dotalo de equipamento

29/12/20 | 13:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
29/12/20 | 13:21

Medio Ambiente destina 90.000 euros á convocatoria de axudas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións do Catálogo de árbores senlleiras para o ano 2021

O Diario Oficial de Galicia publica dúas ordes pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións, cuxas solicitudes se poden presentar ata o vindeiro 29 de xaneiro de 2021

29/12/20 | 13:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Xacobeo 2021 comezará cun acto videomusical que se proxectará en 16 países e que será retransmitido en streaming e pola TVG

Trala celebración litúrxica proxectarase un vídeo de benvida do Ano Santo, no que participarán artistas como Julio Iglesias, Alejandro Sanz, Amaral ou Rozalén

29/12/20 | 12:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa 21 plans de internacionalización dixital de pemes e microempresas da comarca de Santiago con máis de 840.000€

As axudas achegadas a través das dúas convocatorias deste ano do Galicia Exporta Dixital mobilizarán nesta área un millón de euros