Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Consellería do Mar convoca tres novos cursos de mariñeiro pescador na modalidade en liña
Cada curso será tutelado por unha das tres escolas de ensino náutico-pesqueiro dependentes da Consellería e o período de inscrición vai desde mañá ata o próximo 22 de xaneiro
Galicia rexistra un total de 5.523 casos activos por coronavirus
Un total de 55.084 pacientes xa están curados
A Xunta remata os traballos de substitución da cuberta das dársenas da estación de autobuses do Carballiño
A intervención supuxo un investimento autonómico de preto de 11.000 euros e permitiu cambiar os máis de 250 m2 da cuberta da zona central das dársenas e a da zona do seu encontro co edificio da estación
O DOG publica hoxe a Oferta de Emprego Público da Administración Xeral para 2020, con 2.585 prazas de acceso libre
A maiores, inclúense 395 prazas para a promoción interna do persoal funcionario e outras 3.419 prazas para continuar coa funcionarización do persoal laboral fixo
Sanidade actualiza as medidas para Fin de Ano logo de analizar a situación epidemiolóxica actual
A hostalería dos concellos en nivel máximo e medio alto poderá abrir ata as 18 horas, quedando este horario establecido tamén para despois das festas
A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego
Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro por mar combinada do noroeste con ondas de ata 8 metros
Os concellos de Viveiro, Verín, Monterrei, Castrelo do Val, Cualedro, Noia e Lousame pasan ao nivel máximo de restricións
Os concellos de Lugo, Ponteareas e Rodeiro pasan ao nivel básico, polo que quedarán libres da limitación de mobilidade
A Xunta aposta por fomentar as vocacións científicas entre as nenas e mozas para rachar coa fenda de xénero neste ámbito
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presidiron esta tarde o acto de entrega do Premio María Josefa Wonenburger Planells 2020
Ethel Vázquez trasládalle ao alcalde de Gondomar que antes do vindeiro verán os menores de 21 anos do municipio poderán viaxar gratis no autobús interurbano coa tarxeta ‘Xente Nova’
A creación da Área de Transporte de Galicia permitirá que o vindeiro ano se apliquen en Gondomar as vantaxes do Plan de Transporte Metropolitano que o Concello rexeitou dúas veces en 2015
A Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia relanzan dez publicacións dos autores máis representativos da Xeración Nós
O titular de Cultura salienta o peso da cidade de Ourense na actividade e creación cultural e a importancia deste grupo de intelectuais para a súa historia