Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

28/12/20 | 18:30

Medio Ambiente apoia ao Concello de Vilar de Santos no impulso de actuacións en materia de rehabilitación

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o rexedor municipal mantiveron unha reunión por videoconferencia na que revisaron as distintas actuacións e apoios do Goberno galego en materia de rehabilitación e rexeneración urbana

28/12/20 | 18:04

Medio Ambiente estudará a posibilidade de colaborar nunha actuación de posta en valor do río Mendo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o rexedor municipal mantiveron unha reunión por videoconferencia para abordar os proxectos de interese para a entidade local

28/12/20 | 17:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega 56.600 euros para mellorar a xestión de residuos no concello do Incio cun punto limpo móbil

O delegado territorial, Javier Arias, coñeceu o novo equipamento adquirido pola entidade local para levar ás diferentes parroquias o servizo de recollida selectiva de restos voluminosos e outro tipo de lixo

28/12/20 | 17:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Fundación Fraguas e o Museo do Pobo dan ao prelo a obra "Os animais de Fraguas" co apoio da Xunta

A obra recolle un texto do polígrafo cotobadés, ata agora inédito, sobre crenzas populares arredor dos animais e está ilustrada por Miguelanxo Prado baixo dirección artística de Kiko da Silva e coordinación editorial de Fuco Sanjiao

28/12/20 | 17:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias supervisa as obras de ampliación do IES Salvaterra de Miño no que a Xunta está a investir 587.000 euros

A delegada territorial da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, destaca que unha vez finalizada a intervención o alumnado do ciclo formativo de madeira, moble e cortiza poderá realizar as clases prácticas nas instalacións do propio centro

28/12/20 | 17:06 | A Presidencia da Xunta

Galicia pide ao Goberno central ter presenza nas futuras negociacións tanto en Europa como co Reino Unido sobre o brexit para defender os intereses da súa frota

Feijóo lamenta que a Comunidade aínda non recibise información oficial por parte do Estado sobre o acordo, así como que se confirmasen os temores de que a pesca fose entregada como moeda de cambio na negociación

28/12/20 | 17:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta de Galicia e o Concello de Mondariz-Balneario colaborarán para recuperar a Fonte de Troncoso

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o alcalde, José Antonio Lorenzo, visitaron este ben catalogado, obra do arquitecto galego Antonio Palacios

28/12/20 | 16:54 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración destinou 600.000 euros en 2020 para apoiar a case un centenar de galegos retornados que puxeron en marcha un proxecto empresarial

O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que o 65% das solicitudes proceden de América, mentres o 29% o fan dende Europa

28/12/20 | 16:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e a USC desenvolverán un proxecto conxunto para o seguimento e detección temperá da covid-19 nas augas residuais de Santiago de Compostela

Analizaranse as augas de entrada á estación depuradora da Silvouta tres veces por semana durante o primeiro cuadrimestre do ano 2021, o que permitirá avaliar a incidencia e a evolución do virus e establecer tendencias