Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

28/12/20 | 13:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por case 950.000 euros as obras na estrada OU-105 no entorno do tanatorio de Ourense que completan a mellora da seguridade viaria e da mobilidade en Seixalbo

Ethel Vázquez concreta que as empresas teñen ata o vindeiro 1 de febreiro para presentar as ofertas para as obras, que teñen un prazo de execución de 8 meses e o obxectivo é telas rematadas a principios de 2022

28/12/20 | 13:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura ofrece hoxe un conto musicado de nadal coa narradora oral Soledad Felloza e coa Esemble Concertart

A Museo Gaiás acolle esta tarde esta actuación de balde, cuxas entradas xa están esgotadas, pero que poderá seguirse en streaming na canle de Youtube

28/12/20 | 12:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor participa no acto de apertura do obradoiro de emprego da Laracha no que se formará a 20 alumnos en conservación de montes e en carpintaría e moble

O representante do Goberno autonómico animou ás mozas e mozos a aproveitar esta formación, adaptada ás necesidades das empresas da contorna, para poder atopar un emprego

28/12/20 | 12:44

A Xunta activa os obradoiros duais de emprego na provincia de Pontevedra co inicio de 'Coidar de Nós III', que formará a vinte desempregados de Ponteareas e As Neves

A delegada territorial, Luisa Piñeiro, inaugura esta iniciativa laboral, que se desenvolverá durante nove meses cun investimento de 346.946€ e permitirá que os participantes realicen, ao seu remate, tres meses de práctica en empresas da zona

28/12/20 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén agradece á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer o seu labor de acompañamento e asesoramento durante a pandemia

O delegado territorial da Xunta en Ourense louvou o traballo desta organización sen ánimo de lucro formada por pacientes, familiares, voluntarios, colaboradores e profesionais, que ten como finalidade mellorar a vida das persoas tralo impacto causado por esta enfermidade

28/12/20 | 12:29

A Xunta inviste 500.000 € no obradoiro Creas II de Santiago que permitiu a rexeneración do Monte do Viso e a mellora de Pedra Castro

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na clausura deste programa de emprego e formación e na entrega dos diplomas aos 20 alumnas e alumnos

28/12/20 | 12:18 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 5.508 casos activos por coronavirus

Un total de 54.795 pacientes xa están curados

28/12/20 | 12:10

O Parque Empresarial de Cuíña, en Cervo, acollerá a nova planta de biorresiduos da Xunta que dará servizo a 15 concellos do arco cantábrico

A conselleira Ángeles Vázquez anuncia que hoxe se licita o proxecto básico da futura planta de compostaxe por un importe de case 140.000 euros

28/12/20 | 11:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica levou a cabo 128 inspeccións en 22 concellos galegos nos controis de medidas ante a covid-19 na nosa comunidade

Leváronse a cabo 124 dispositivos que tiveron como 35 denuncias no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19

28/12/20 | 11:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Proxecto 'Acende o Xacobeo' remata este xoves iluminando monumentos históricos en Santiago, Muxía e Fisterra desde mañá pola tarde

Trenor informou que desde mañá 29 de decembro e ata o xoves 31 de decembro iluminaranse o faro de Fisterra, o santuario da Virxe da Barca, 3 edificios en Santiago e a Torre do Reloxo da Catedral