Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta publica no DOG o Decreto de expropiacións para reforzar a seguridade viaria nun treito de concentración de accidentes na estrada PO-403, en Ponteareas
A intervención conta cun investimento autonómico de 650.000 euros, no que se inclúe o pagamento dos 24 predios necesarios para executar esta obra
A Xunta aproba o Decreto para manter o complemento das pensións non contributivas, no que inviste un total de 8 M€
Esta axuda aboarase de oficio nos primeiros dez días de xaneiro e beneficiará a arredor de 38.000 persoas
A Xunta activa unha alerta vermella por temporal costeiro no noroeste e oeste da provincia da Coruña e no litoral lucense a partir desta tarde
O resto do litoral galego atópase en nivel laranxa con ondas que poden acadar os 7-8 metros
Galicia convocará un Consello Galego de Pesca extraordinario para analizar polo miúdo o impacto do acordo sobre o brexit na comunidade
O Executivo galego vai encargar dous informes sobre a súa incidencia no sector, un de carácter técnico-administrativo e centrado no impacto que terá na actividade extractiva e na comercialización dos produtos pesqueiros e outro sobre as súas implicacións xurídicas
A Xunta recoñece as boas prácticas en materia de educación inclusiva de oito centros educativos galegos
O galardón ten como obxectivo impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa
Miranda analiza a situación dos retornados coa Asociación Mexicanos en Galicia e Madres Latinas
O secretario xeral da Emigración e estas dúas entidades acordaron por en marcha unha colaboración que se desenvolverá ao longo de 2020 para axudar aos galegos que regresan deses países
A Xunta lanza unha nova versión de Passcovid máis intuitiva e con novas funcionalidades
Incorpora a autodeclaración de contactos para as persoas que estiveran en contacto cun positivo
A Xunta dota o Salón Teatro de Santiago dun sistema pioneiro para a emisión en directo dos espectáculos
O Centro Dramático Galego instala na súa sede dispositivos de captación de vídeo, que lle permitirán gravar as montaxes, ao tempo que transmitilas en tempo real
Os bateeiros, confrarías e acuicultores que fomenten unha actividade sustentable poden optar a axudas para apoiar ata o 50% dos seus investimentos
O ‘Diario Oficial de Galicia’ publicou esta semana a convocatoria de 2021 destas achegas destinadas a investimentos produtivos, á eficiencia enerxética e a servizos de asesoramento no ámbito da acuicultura