Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta ampliou ata os 86,2 M€ o Plan de rescate para autónomos, microempresas e hostaleiros para dar resposta a todas as solicitudes xa tramitadas
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe en Santiago de Compostela por videoconferencia unha xuntanza con APE-Galicia na que fixo balance das axudas
Feijóo apela ao novo Plan de investimentos conxuntos 2021-2027 para relanzar unha Eurorrexión máis competitiva, máis ecolóxica, máis social e máis cohesionada tras a pandemia
Traslada a importancia de que este plan se aprobe no vindeiro plenario da Comunidade de Traballo, no que se levará a cabo o traspaso de poderes da presidencia rotatoria, que pasará á CCDR-N
A Xunta adxudica a rehabilitación do Hospital de San Miguel na Tinería por importe de máis de 555.000 euros
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do IGVS, destinará máis de 500.000 euros á rehabilitación do edificio, destinado a usos turísticos e administrativos
A Xunta e o comité de empresa piden ao Goberno que convoque canto antes a mesa de Alu Ibérica para garantir o futuro industrial da planta da Coruña
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, defende que cómpre realizar unha auditoría que confirme que se está cumprindo cos investimentos comprometidos en xullo de 2019 por parte de Alcoa e Parter
A Xunta fai entrega de case 22 toneladas de produtos agroalimentarios de Mercaproximidade ao banco de alimentos de Ourense
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias asistiu hoxe a este reparto, que se fai ao abeiro dun convenio entre a Xunta e o Parlamento para axudar os colectivos máis necesitados a raíz da covid-19
A Xunta remata as obras de estabilización dun noiro na estrada autonómica PO-308 en Raxó, no Concello de Poio
Os traballos supuxeron un investimento autonómico superior aos 28.000 euros
A Xunta publica no DOG a ampliación da vixencia e a extensión ao conxunto de Galicia en 2021 do transporte gratuíto dos menores de 21 anos coa Tarxeta Xente Nova, cun investimento de 4 M€
A iniciativa social de fomento do transporte público da Xunta permite xa viaxar de balde a case 79.500 mozos menores de 21 anos nas liñas de autobús interurbano
Medio Ambiente concedeu axudas por un importe global de case 570.000 euros a 28 concellos para a execución de actuacións para a posta en valor das reservas da biosfera de Galicia
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución pola que se publican as entidades beneficiaras das subvencións, que están incluídos no ámbito territorial dos seis espazos naturais que gozan na comunidade desta distinción
O 061 de Galicia asistiu a 67 persoas por 51 accidentes de circulación durante a ponte de Nadal
Desde as 15,00 horas do xoves, 24 de decembro, ata as 23,59 horas do domingo, 27 de decembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 69 chamadas por accidentes de tráfico
A Xunta apoia o comedor social de Cangas con 185.000 euros para seguir axudando ás persoas que máis o necesitan
Destes fondos procedentes da convocatoria de axudas a entidades sociais, 85.000€ foron destinados á adquisición do local onde se sitúa o comedor social