Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Sergas convoca a II Edición dos Premios de Innovación en Saúde para incentivar as ideas neste campo dos profesionais sanitarios e das asociacións de pacientes
O Diario Oficial de Galicia de hoxe publica as bases reguladoras desta II Edición
A Xunta aposta polo fomento e a promoción da ruta Xacobea do Camiño Inglés
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu está mañá á presentación do vídeo “A Chamada do Camiño Inglés” protagonizado polo triatleta Javier Gómez Noya, que colabora coa Asociación do Camiño Inglés para promocionar esta ruta
O Sergas publica as convocatorias ampliando as prazas de OPE en diversas categorías de persoal facultativo
Amplíanse en máis do dobre, o número de prazas convocadas no concurso-oposición de acceso para persoal médico
A Xunta colabora na contención dos restos de gasóleo detectados tralo afundimento dun buque pesqueiro na Ría de Aldán
O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia decretou o peche cautelar das bateas de reparqueo existentes na zona pois os polígonos de mexillón xa estaban pechados
O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Montederramo
O novo representante do Goberno autonómico analizou co rexedor do municipio os temas relacionados coa administración autonómica
A Xunta repartirá 1.200 menús con produtos de Mercaproximidade na delegación do banco de alimentos de Pontevedra e no comedor social de San Francisco para esta Noiteboa
Luisa Piñeiro realiza senllas visitas a ambas entidades e agradece o seu “enorme traballo solidario e altruísta” a prol da xente máis necesitada da cidade e da súa contorna
Marta Fernández-Tapias cifra en máis dun millón de euros os apoios da Xunta ao comercio local na área territorial de Vigo
A delegada territorial en Vigo visitou hoxe a tenda de delicatessen Casa Samaniego, beneficiaria da orde de axudas enfocada á dixitalización e innovación no sector
Galicia rexistra un total de 5.565 casos activos por coronavirus
Un total de 53.034 pacientes xa están curados