Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

23/12/20 | 12:34

A Xunta destaca que o obradoiro de Abegondo permitirá a formación e o acceso laboral no sector forestal de 20 desempregados

A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, participou hoxe na presentación do taller Reserva de Biosfera: emprego forestal, que a Xunta promove en colaboración cos concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Sada

23/12/20 | 12:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convida as familias a gozar dun 'Nadal no Gaiás' cunha ampla oferta de exposicións e música ao vivo e en 'streaming'

A programación festiva inclúe actuacións de Uxía Lambona e a Banda Molona, Xesús Vaamonde & Xosé Lois Romero e Soledad Felloza & Ensemble ConcertArt

23/12/20 | 12:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 328.000 euros as obras de acondicionamento e rehabilitación da ponte de pedra sobre o Río Grande en Baio, no Concello de Zas

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe o inicio da contratación desta actuación, cuxo prazo de presentación de ofertas remata o 27 de xaneiro

23/12/20 | 11:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
23/12/20 | 11:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta arranca en Tui a promoción do Camiño Portugués cara o Ano Santo 2021 coa iluminación da catedral de Santa María no marco da campaña 'Acende o Xacobeo'

Luisa Piñeiro asistiu ao acto acompañada do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da corporación municipal, que amosou o seu respaldo a esta iniciativa

23/12/20 | 11:20 | C. do Medio Rural

Máis de 7.700 familias vulnerables recibirán esta Noiteboa menús solidarios con produtos de Mercaproximidade da man da Xunta e do Parlamento de Galicia

Cociñeiros galegos de prestixio están a elaborar, nas instalacións do Centro Superior de Hostalería de Galicia, un menú que se compón de estufado de Ternera Gallega con fabas e grelos e, de sobremesa, iogur galego con mel

23/12/20 | 11:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica realizou case 150 inspeccións e tramitou 26 denuncias durante a fin de semana na provincia de Pontevedra nos controis de medidas ante a covid-19

Os 42 dispositivos despregados enmárcanse no plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación do coronavirus, no marco da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias

22/12/20 | 20:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recoñece cos Premios Camiño de Santiago 2019 o compromiso da cidadanía na promoción dos valores das rutas xacobeas

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou no acto no que tamén se rendeu homenaxe a título póstumo a Megumi Shiozawa polo seu papel na promoción de Galicia en Xapón

22/12/20 | 20:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Marta Fernández-Tapias inaugura coa iluminación da Concatedral de Vigo o proxecto "Acende o Xacobeo"

Esta iniciativa inclúe a iluminación de 42 edificios emblemáticos en concellos galegos polos que pasa o Camiño de Santiago e noutros 50 doutras 10 comunidades autónomas

22/12/20 | 19:46 | C. de Sanidade

Sanidade actualiza a listaxe de territorios de obrigado rexistro para visitantes a Galicia

No territorio nacional, os viaxeiros procedentes de Castela-A Mancha, Illas Baleares, Cataluña, Comunidade Valenciá, Estremadura ou Madrid estarán obrigados a inscribirse no rexistro de visitantes