Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta xa abonou 10.200 axudas do Plan de rescate de autónomos, microempresas e hostalería por importe de 12,7 millóns
Nos próximos días ingresaranse outros 10M€ polo que a menos dun mes da publicación das ordes de apoios do Plan de rescate terase aboado o 41% das peticións presentadas ata o de agora
O DOG publica a solicitude de rexistro da nova Indicación Xeográfica Protexida vitivinícola Terras do Navia
Deste xeito, dáse publicidade ao prego de condicións desta nova IXP, que pretende distinguir os viños do nordeste da provincia de Lugo cun indicativo de calidade
Política Social participa nunhas xornadas de Agasede centradas no impacto da covid-19 nos centros residenciais
Fíxose fincapé no esforzo da Xunta e de todo o sector residencial para facer fronte á actual situación de emerxencia sanitaria
Xunta, Goberno central e concellos coordinarán este Nadal o labor dos máis de 11.000 efectivos das forzas e corpos de seguridade
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu hoxe unha reunión con representantes das distintas administracións
Luisa Piñeiro clausura o obradoiro de panadería e bolería da asociación A Cancela das Neves, que formou a 13 persoas desempregadas durante un ano
A delegada territorial entregou os certificados de profesionalidade, tras 550 horas lectivas, e animou aos participantes a aproveitar a experiencia para adentrarse no mercado laboral
A Xunta organiza un concurso para promover a participación cidadá na iluminación artística de edificios do Camiño de Santiago
Os participantes deberán subir ás redes sociais un selfie cos hashtags #AcendeOXacobeo e #EnciendeElXacobeo e elexiranse aos tres mellores que serán premiados cunha experiencia gastronómica e unha estancia en Galicia
A Xunta e as industrias electrointensivas demandan ao Goberno que active medidas que xa se aplican noutros países europeos para rebaixar o prezo da enerxía eléctrica
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro con representantes do sector, no que sinalou que o novo estatuto achega máis obrigas que beneficios para as empresas
O Ministerio de Facenda volve situar a Galicia como a segunda comunidade que pagou máis rápido as súas facturas en outubro
O período medio de pago en Galicia foi de 17,31 días, fronte aos 33,17 da media autonómica
A Xunta impulsa a publicación dun libro sobre a importancia da Xeración Nós na arqueoloxía galega
Estruturado en nove capítulos, o libro incide no papel que xogou Florentino López Cuevillas no campo da arqueoloxía galega