Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inicia hoxe o reparto solidario de máis de 123 toneladas de alimentos de Mercaproximidade a entidades sociais galegas
A distribución farase ata o vindeiro día 29 de decembro a un total de 15 asociacións e bancos de alimentos, ao abeiro dun convenio entre a Xunta e o Parlamento de Galicia dotado con 130.000 euros
A Xunta porá en servizo o vindeiro mércores 3 novos contratos que completan a renovación integral do transporte público nas comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Paradanta
O contrato de Baixo Miño incorpora 3 novas rutas que conectan esta área e a do Val Miñor cos hospitais e o campus universitario de Vigo, entre outras referencias
A Xunta culmina a modernización do transporte público de Ferrol e Betanzos o día 23 coa posta en marcha de 97 liñas que melloran os servizos e garanten o emprego a 71 condutores e acompañantes
Das novas liñas, que suporán un investimento da Xunta de máis de 840.000 euros anuais, 46 serán de autobús compartido e 40 baixo demanda, mellorando a cobertura de servizos destas áreas e na dos municipios de Ortigueira e Mañón
A Xunta homenaxea a Pérez Lugín no 150 aniversario do seu nacemento cunha mostra que repasa o seu vínculo con Compostela
Anxo M. Lorenzo puxo de manifesto a importancia de promover con esta iniciativa o impacto que tivo para a literatura a novela ‘La Casa de la Troya’
A Xunta contribúe á nova carteleira do Principal de Ourense con seis espectáculos da rede de teatros e auditorios
O director da Agadic participou hoxe na presentación da programación que o escenario ourensán acollerá durante o primeiro semestre de 2021, cunha trintena de propostas culturais de música, teatro e danza
Fabiola García asegura que o novo modelo de residencias será participativo, consensuado e integrador
Contará coas achegas do persoal médico e de enfermería, dos directores e traballadores non sociosanitarios, dos académicos e investigadores, dos arquitectos e dos familiares de usuarios
Feijóo convoca aos galegos, aos visitantes e ao sector turístico para, entre todos, camiñar cara un Xacobeo no que a seguridade será un valor constante
“Con cada paso seguimos camiñando cara un gran Ano Santo, e para iso planificamos un orzamento con partidas á altura da súa importancia”, di, referíndose a unha achega de máis de 85 millóns para o Xacobeo 2021
A Xunta impulsa con máis de 9M€ a dixitalización de máis de 1.300 autónomos e pemes do comercio galego
O director do Igape, Fernando Guldrís, e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, acompañados polo presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, destacaron a aposta pola transformación dixital do sector