Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

19/12/20 | 12:30 | C. do Medio Rural
19/12/20 | 12:16

A Xunta reactiva a renovación trimestral da demanda de emprego e facilita o uso de medios non presenciais ás persoas usuarias

As persoas inscritas como demandantes de emprego deben retomar a partir do 1 de xaneiro a renovación cada tres meses a través das oficinas de emprego da Xunta que, por mor da pandemia, viña validando este trámite de xeito automático

19/12/20 | 12:08 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 5.653 casos activos por coronavirus

Un total de 51.746 pacientes xa están curados

19/12/20 | 12:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
19/12/20 | 11:58

A Xunta concede as Medallas Emilia Pardo Bazán a Megumi Shiozawa, á Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense e á Rede Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo

O Goberno galego recoñece con esta iniciativa por segundo ano consecutivo o labor a favor da igualdade entre homes e mulleres para construír unha sociedade máis igualitaria baseada nos principios de igualdade, xustiza e solidariedade

19/12/20 | 11:36

Medio Ambiente adxudica por case 170.000 euros os traballos de humanización da rúa San Benito, no concello de Arbo

As actuacións previstas, cun prazo de execución de tres meses, pretenden cambiar a pavimentación así como renovar as redes de servizos básicos e a iluminación

19/12/20 | 11:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta culmina a modernización do transporte público de Galicia coa posta en marcha o día 23 de 824 liñas de autobús que melloran os servizos e garanten 800 empregos

Son 3 contratos de servizos de longa distancia e 16 de ámbito comarcal e intermunicipal que supoñen un investimento anual de 9,3 millóns de euros

18/12/20 | 19:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta amosa a Galicia dos anos 40 baixo a mirada de García Garrabella na nova mostra do Arquivo Histórico Provincial de Lugo

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, inauguraron ‘Envíame unha postal’ que propón un percorrido polas fotografías do artista a través dun fondo de negativos para postais

18/12/20 | 19:07 | C. de Economía e Industria

Unha trintena de obradoiros de Artesanía de Galicia participan en Santiago na feira creativa do Mercado da Estrela

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron a novena edición deste evento que se celebra ata o domingo 20 de decembro coa colaboración da Xunta

18/12/20 | 18:09 | C. de Política Social e Igualdade

A primeira edición dos Premios Galicia de Acción Voluntaria homenaxea o traballo das persoas voluntarias durante a pandemia

Na categoría individual foi premiada Sofía Prol Rodríguez, a ONG Mestura recibiu o galardón á mellor entidade de acción voluntaria, e a Fundación Juan Soñador, o de mellor proxecto