Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Estratexia de dinamización do sector lácteo galego procurará aumentar o peso das DOP de queixo na transformación industrial
Así o resaltou José Balseiros nunha comarca de importante vocación queixeira, na que sinalou que entre outras medidas buscarase adaptar os formatos e os envases destes produtos ás novas demandas de consumo e tipos de fogares
Fernández-Tapias pon en valor a dualidade dos obradoiros de emprego que permiten alternar a formación coa práctica laboral
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo acudiu hoxe á clausura de 'Redondela Vila Bela III', o taller de emprego no que se formaron 20 persoas en colocación de pedra natural e axardinamento e agricultura ecolóxica
Trenor destaca que a nova senda peonil e ciclista na AC-116 permite que os veciños dispoñan dun itinerario continuo de 5,5 quilómetros ao longo desta estrada no municipio de Valdoviño
Habilitáronse 2,8 km de sendas na marxe dereita desta estrada, entre Riobó e Meirás, que supuxo un investimento superior aos 800.000 euros
A Xunta subliña o compromiso cos obxectivos de desenvolvemento sostible de Galicia e propón un pacto nacional pola Axenda 2030
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, interveu este mediodía na Conferencia Sectorial convocada pola Vicepresidencia segunda
Defende ante o Goberno central e o resto de comunidades a importancia de buscar un consenso sobre o punto de partida e a cuantificación concreta que se quere alcanzar para cada un dos indicadores ODS no horizonte do ano 2030
A Xunta destaca na Coruña a valentía dos emprendedores para axudar a reactivar a economía galega
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinala na entrega dos XXI Premio AJE Emprende A Coruña que “se temos emprendedores, o motor da nosa economía funcionará sempre a pleno rendemento”
A Xunta forma a pemes transfronteirizas en Responsabilidade Social Empresarial como clave para obter emprego de calidade
A Consellería de Emprego e Igualdade estreou hoxe un ciclo de webinars sobre o papel da Responsabilidade Social Empresarial (RSE) en tempos da covid-19
O Comité Educativo avalía as medidas postas en marcha no primeiro trimestre, que garantiron un desenvolvemento seguro do curso
Aprobou seguir reforzando no segundo trimestre a formación en materia de prevención, con 5.000 novas prazas e 12 cursos con contidos personalizados para distintos colectivos profesionais
Luisa Piñeiro visita a exposición 'Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas' na Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra
A mostra, que permanecerá aberta na cidade ata o próximo 31 de xaneiro, está promovida pola Secretaría Xeral da Igualdade e conta, a través de paneis, as vivencias de doce reporteiras
A Xunta porá en servizo o vindeiro día 23 os 5 novos contratos que completan a renovación integral do transporte público na provincia de Lugo
Os servizos previstos nestes contratos conectarán Begonte e Guitiriz, Riotorto e A Pontenova, Pantón e O Saviñao; ademais de Lugo con Santiago e con Ferrol e A Coruña
A Xunta asina un convenio co concello de Gondomar polo que Augas de Galicia continuará a facerse cargo da explotación da depuradora municipal
O Concello de Gondomar renunciou a facerse cargo das instalacións, que son de titularidade municipal, ao igual que a competencia en depuración