Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

18/12/20 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra

Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro por mar combinada do oeste a noroeste con ondas de ata 6 metros

18/12/20 | 13:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina un convenio co concello de Cee para a redacción do proxecto para a construción dunha nova depuradora, cun investimento de preto de 370.000 euros

Augas de Galicia licitará en próximas datas a redacción do proxecto construtivo por importe de 348.000 euros

18/12/20 | 13:29 | C. de Sanidade

A Sanidade Pública galega recibe 10 premios Best In Class, que recoñecen publicamente aos mellores servizos de atención primaria e hospitalaria de España

O Conselleiro de Sanidade visitou hoxe o CHUAC, que acadou cinco destes galardóns, entre eles o premio ao mellor hospital de España na categoría de Centro de Alta Complexidade por segundo ano consecutivo

18/12/20 | 13:24

A Xunta destaca o valor do compromiso ambiental para impulsar a competitividade da cadea mar-industria

A guía elaborada por Anfaco xunto ao Grupo de Biotecnoloxía Ambiental da USC permitirá ás conserveiras coñecer a carga ambiental dun produto e avaliar as accións para reducir emisións de gases de efecto invernadoiro

18/12/20 | 13:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que Galicia iniciará a década xacobea coa Catedral restaurada, unha das maiores actuacións feita nun patrimonio mundial nos últimos anos

Subliña que este proxecto, que comezou en 2009 coa aprobación do Plan director do conxunto catedralicio, iniciouse como un reto de país e converteuse nun éxito colectivo, tanto a nivel técnico como de xestión

18/12/20 | 13:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avoga polo traballo conxunto coas entidades sociais para mellorar a integración da poboación inmigrante

Destínanse preto de 500.000 euros a financiar os programas formativos que desenvolven Diversidades e Acción Laboral na cidade olívica

18/12/20 | 13:15

Lorenzana pon en valor que o obradoiro de Oleiros permitiu a formación e o emprego de 20 alumnos e a mellora da Finca Tenreiro

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na clausura do taller dual ‘Acondicionamento do parque Finca Tenreiro’ no que os participantes cualificáronse en albanelería e carpintería

18/12/20 | 13:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mantén a súa disposición a impulsar da man do Concello de Monterroso a mellora do sistema de saneamento da depuradora municipal e a súa colaboración no confinanciamento das obras

Avanza o recente acordo co Concello, polo que Augas de Galicia redactará o proxecto de construción dun tanque de tormenta e de modificación da obra de chegada á estación de tratamento de augas residuais

18/12/20 | 13:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a execución da nova cuneta de seguridade na autovía AG-64 ao seu paso polo concello das Pontes

A intervención supuxo un investimento de máis de 583.000 euros e centrouse no treito comprendido entre os puntos quilométricos 35+300 e 36+700, mellorando o entorno, a situación ambiental e a seguridade viaria

18/12/20 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras da senda entre Bagüín e Seixo e remata o itinerario entre Coirados e Pardavila, en Marín, cun investimento total de case 1,4 M€

Ethel Vázquez avanza que o itinerario licitado hoxe, por case 675.000 euros, se iniciará no 2º trimestre de 2021 e rematará entre finais de ano e principios de 2022