Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa o traslado do arquivo documental das Cámaras Agrarias ao Arquivo Histórico Provincial
Gabriel Alén agradeceu o minucioso traballo do persoal da Consellería do Medio Rural en Ourense que se encargou da recompilación da documentación existente e a súa conservación centralizada nun único depósito
Medio Ambiente anima aos galegos a usar menos de 40 bolsas de plástico lixeiro non biodegradable ao ano para reducir os efectos ambientais deste material
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que este é un dos obxectivos fixados para o ano 2025 na nova Lei de residuos, que xa iniciou a súa tramitación parlamentaria e que poderá estar aprobada a comezos de 2021
A Xunta destaca a calidade dos viños galegos e o potencial económico e turístico que xera o sector vitivinícola
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural, José González, participaron esta mañá no acto de entrega dos Premios D.O. Ribeiro 2020
Medio Ambiente remite para audiencia o proxecto de urbanización do PS-6, área de usos complementarios da ETEA, ao concello de Vigo
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda envía o documento no que se detallan as obras de construción que se levarán a cabo neste ámbito de máis de 20.000 m2
Galicia rexistra un total de 5.641 casos activos por coronavirus
Un total de 51.373 pacientes xa están curados
A Xunta investirá preto de 500.000 euros no acondicionamento do edificio do servizo de mobilidade na Coruña, cuxas obras comezarán en primavera de 2021 e rematarán ese mesmo ano
As empresas interesadas en acometer estas actuacións poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 14 de xaneiro
A Xunta inicia un proceso participativo con máis de 240 axentes para desenvolver a nova estratexia RIS3 de Galicia 2021-2027
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá á xornada de presentación na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela
A Xunta renova a integración dos servizos marítimos na ría de Vigo no Plan de transporte metropolitano para o ano 2021
O Goberno galego inviste case 582.000 euros para darlle continuidade ao transporte de ría e ás bonificacións nas tarifas co uso da tarxeta TMG
A Xunta inviste 807.000 euros nos dous obradoiros de emprego compartidos por Cospeito, Outeiro de Rei e Castro de Rei no último ano
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, entregou os diplomas aos 20 participantes no proxecto Camiño da Chaira e comunicou que onte mesmo tomou o relevo un novo taller que formará a outras tantas persoas desempregadas
A montaxe Agresión off: Eu digo non á violencia sexual da Xunta chega a Carballo para sensibilizar en materia de igualdade
A iniciativa da Consellería de Emprego e Igualdade está a percorrer Galicia e inclúe diferentes talleres e actividades lúdicas dirixidas a todas as idades