Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

17/12/20 | 14:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora co IDAE no fomento de enerxías renovables térmicas e eléctricas ao que se destinan 20,4M€

A directora de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta mañá nun webinario no que se presentaron estas medidas que prestarán especial atención a sectores como a automoción, o forestal ou o turístico

17/12/20 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata a construción dunha senda peonil na estrada autonómica AC-552 ao seu paso polo Concello de Coristanco

Os traballos, cun investimento de preto de 48.000 euros, tiveron un prazo de execución de 2 meses

17/12/20 | 13:45

A Xunta entrega catro vivendas de promoción pública en Fermín Rivera, Garabolos e Tinería

O Delegado da Xunta en Lugo destacou que o IGVS continúa por unha banda coa rehabilitación de inmobles e, por outra, coa construción de novas vivendas para para cubrir a demanda de pisos de promoción pública

17/12/20 | 13:43 | C. de Economía e Industria

A sexta edición da campaña Días azuis do comercio galego dinamiza as vendas do sector con máis de 100.000 participacións

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou en Lugo na entrega simbólica dos 80 premios desta iniciativa, na que a Xunta colabora coa Federación Galega de Comercio

17/12/20 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entregou os diplomas aos 20 participantes do obradoiro de emprego Sillor VI, no que investiu 460.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que recibiron formación en actividades do sector da construción e realizaron un valioso labor rehabilitando dotacións públicas en Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil

17/12/20 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción do novo Plan galego de saneamento, cun investimento de máis de 1,7 M€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe o contrato da 1ª fase de análise e elaboración das directrices de saneamento, con prazo para a presentación de ofertas ata o vindeiro 27 de xaneiro

17/12/20 | 13:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destina máis de 94.000€ á renovación de beirarrúas interiores no polígono de Sergude en Boqueixón

Esta axuda inclúese dentro da orde destinada á mellora das infraestruturas nos parques empresariais da provincia da Coruña

17/12/20 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove a colaboración cultural Galicia-Norte de Portugal coa exposición ‘Noroeste cuarta Oeste: roteiros de ficción’

O secretario xeral de Cultura inaugurou hoxe a mostra que pode visitarse ata o 25 de xaneiro na Biblioteca Pública Ánxel Casal

17/12/20 | 13:07 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta por unha xestión forestal baixa en carbono no espazo transfronteirizo entre Galicia e o Norte de Portugal

A iniciativa enmárcase no Programa de Cooperación Interreg entre España e o país veciño, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

17/12/20 | 12:59 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social destinará para o próximo ano 400 M€ a atención ás persoas dependentes

Galicia, cun 92,17%, é unha das catro comunidades con mellor ratio de atención, e atende na actualidade a máis de 62.000 persoas