Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

16/12/20 | 14:42 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avoga por reforzar a colaboración institucional coas deputacións para seguir mellorando a calidade dos servizos públicos e consolidar unha estrutura administrativa sen duplicidades

Subliña a proposta de mellora de atención ás emerxencias na provincia, coa creación de dous GES en Maceda e na Veiga, así como co novo Centro integral de loita contra o lume en Toén

16/12/20 | 14:30

O delegado territorial da Xunta en Ourense clausura o obradoido de emprego 'Caldelas V' en Castro Caldelas

O delegado territorial aproveitou este acto de clausura para anunciar que a Xunta de Galicia aprobou na recente convocatoria de obradoiros a concesión dun novo proxecto, ‘Caldelas VI’, na que a Consellería de Emprego e Igualdade investirá case 347.000 euros

16/12/20 | 14:28 | C. de Sanidade

A Xunta recomenda que as xuntanzas de Nadal se cingan exclusivamente a unha única unidade familiar de conviventes

De non ser posible, as autoridades sanitarias aconsellan non superar a cifra de dúas unidades familiares

16/12/20 | 14:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta redistribuirá o espazo e mellorará a accesibilidade do albergue público de Palas de Rei

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as instalacións ás que o Goberno galego destinará case 411.000 euros para o seu acondicionamento

16/12/20 | 14:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta aglutina por primeira vez todos os contidos do universo da Xeración Nós nun mesmo portal web

Román Rodríguez destacou que esta nova ferramenta actualiza o legado do grupo de intelectuais para adaptalo ao século XXI e atraelo a novos públicos

16/12/20 | 14:00 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social entrega a Cruz Vermella cinco vehículos para a atención a domicilio de persoas maiores

O Goberno galego destinou 156.000 euros á compra destes coches a través dos fondos do 0,7% do IRPF

16/12/20 | 13:57 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García inaugura un novo ciclo de exposicións para poñer en valor o labor das entidades do eido da familia e a infancia

Defendeu a colaboración como a mellor maneira de multiplicar esforzos que aseguren unha infancia feliz para todos os nenos, con independencia de onde nazan

16/12/20 | 13:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor os cursos internacionais de español da USC como impulsores do turismo idiomático en Galicia

Galicia acolle cada ano a alumnos de todo o mundo que aprenden español no noso territorio e se converten en prescritores do noso destino

16/12/20 | 13:49 | C. de Economía e Industria

Conde destaca en Ourense que seguir apostando pola internacionalización é unha das claves que axudará a reactivar canto antes a economía galega

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou na entrega do II Premio José Manuel Pérez Canal á internacionalización, que recibiu a empresa Bodegas Godeval