Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

17/12/20 | 12:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Caldas de Reis no acondicionamento dun camiño en Arcos da Condesa

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou xunto coa delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, as melloras levadas a cabo para a renovación do pavimento e a mellora da rede de evacuación de augas pluviais no camiño San Martiño

17/12/20 | 12:27 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 5.618 casos activos por coronavirus

Un total de 50.993 pacientes xa están curados

17/12/20 | 12:19 | C. do Medio Rural

A Xunta agarda que a marca que amparará o leite de pastoreo de Galicia estea operativa no segundo trimestre de 2021

O titular de Gandaría, José Balseiros, sinalou tamén que Medio Rural estuda axudas para a adquisición de sistemas GPS que permitan comprobar e verificar o pastoreo dos animais das explotacións que se sumen a esta iniciativa

17/12/20 | 12:18

Galicia considera sumamente decepcionantes as cotas de pesca fixadas para o ano que vén pois supoñen rebaixas en moitas especies de interese para a súa frota

A comunidade galega ve cativos os avances obtidos en relación coa proposta inicial da Comisión Europea a pesar de tantas horas de negociación e tendo en conta tanto o contexto de pandemia actual como a incerteza derivada do brexit

17/12/20 | 11:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura achegará a máis de 2.000 estudantes a exposición 'As miradas de Isaac' a través de videoconferencias

Alumnado do último ciclo de Primaria e de ESO e Bacharelato afondarán do 20 de xaneiro ao 26 de marzo na interesante vida e importantes proxectos de Díaz Pardo

17/12/20 | 10:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia leva o programa Xantar na Casa ao Concello de Nigrán

O programa atende a máis de 1.600 persoas en toda Galicia, dos cales máis de 220 pertencen á área de Vigo e unha decena ao municipio nigranés

17/12/20 | 10:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras da nova senda peonil e ciclista na estrada AC-133 entre Franza e Rilo, en Mugardos, por preto de 470.000 euros

A Plataforma de Contratos de Galicia publica hoxe o inicio da contratación desta actuación, cuxo prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 21 de xaneiro

17/12/20 | 10:41

Sarria acolle hoxe a campaña itinerante da Xunta Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual

A iniciativa da Consellería de Emprego e Igualdade está a percorrer Galicia con talleres e actividades lúdicas dirixidas a todas as idades

16/12/20 | 19:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

'Murais da nosa lingua' visibiliza e pon en valor o patrimonio literario da Estrada

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitaron hoxe o primeiro dos murais feito por Ocionautas no exterior da Casa das Letras