Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

16/12/20 | 19:05

A Xunta salienta a importancia de dar a coñecer a contribución das máis de 20.000 mulleres galegas da cadea mar-industria ao desenvolvemento do sector

A Consellería do Mar agradece o labor realizado por entidades como os grupos de acción local do sector pesqueiro para dar a coñecer os avances acadados en materia de igualdade e analizar e buscar solucións aos retos de futuro do sector

16/12/20 | 18:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca a confianza de empresas como PSA Peugeot Citroën nos centros de Formación Profesional

A Xunta mantén unha ampla colaboración co empresariado galego na configuración da oferta de FP, así como na cualificación dos traballadores

16/12/20 | 18:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta demanda ao Ministerio de Transportes igualdade no reparto dos fondos de reconstrución e unha aposta clara pola modernización ferroviaria do noroeste e o Corredor Atlántico

O Goberno galego reclama do Ministerio pasos concretos e decisivos no impulso do Corredor Atlántico e en infraestruturas estratéxicas como a Saída Sur de Vigo ou a conexión ferroviaria do Porto de Langosteira

16/12/20 | 18:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O secretario xeral de Universidades visita o alumnado do novo grao de Bioquímica, no campus de Lugo

Foi implantada este curso ao abeiro do Mapa de Titulacións acordado entre Xunta e Universidades

16/12/20 | 18:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta comeza as obras de ampliación da escola infantil de Salvaterra de Miño

O centro pasará de catro unidades e 61 prazas a seis unidades e 82 prazas

16/12/20 | 18:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 100 comercios da área de Santiago avanzan na innovación e a dixitalización con apoios da Xunta por máis de 785.000€

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou en Santiago de Compostela Fink Orfebres, un dos negocios beneficiados do programa cunha achega de máis de 20.000 euros

16/12/20 | 18:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega información a autónomos e pemes sobre as axudas e os préstamos destinados aos sectores máis afectados pola actual situación económica

O director do Igape, Fernando Guldrís, e os directores xerais de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participaron hoxe nun encontro dixital centrado nos últimos programas de axudas dirixidas a estes colectivos

16/12/20 | 16:53 | Secretaría Xeral de Emigración

A cidade de Bos Aires conta cunha mouteira do Camiño de Santiago donada pola Xunta

A Secretaría Xeral da Emigración impulsou, xunto a Delegación da Xunta en Arxentina, a doazón deste elemento que se atopa instalado no barrio de Puerto Madero co obxectivo de que sexa un punto de encontro das peregrinacións

16/12/20 | 15:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luisa Piñeiro reafirma o “máximo compromiso” da Xunta co Concello de Crecente na súa visita institucional e anuncia que os orzamentos 2021 recollen investimentos por 357.000€

A delegada territorial mantén unha xuntanza de traballo co alcalde, Julio César García-Luengo, para recoller as súas peticións para o Goberno galego

16/12/20 | 15:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita a senda peonil e ciclista na estrada PO-531 no lugar da Devesa, no concello de Pontevedra, por 756.931€ co obxectivo de comezar as obras na primavera

O proxecto, que abriu hoxe a presentación de ofertas ata o 20 de xaneiro, prevé a execución dun itinerario seguro e sostible nun treito de case 1.500 metros que terá unha anchura mínima de dous metros