Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Un total de 11 empresas da área de Santiago beneficiaranse de máis de 3,4 M€ en axudas da Xunta para a mellora da transformación e venda de produtos agroalimentarios
O delegado da Xunta na Coruña destacou que estas achegas permiten ás empresas medrar e aumentar a súa capacidade produtiva para ser máis competitivas
A Xunta proponlle ao Ministerio de Transportes unha comisión de seguimento para abordar conxuntamente a última fase das obras do AVE e manter puntualmente ben informados aos galegos
Ethel Vázquez demanda “máxima axilidade para terminar os traballos e un cronograma sincero sobre as previsións para a posta en servizo”
A Xunta investiu 6,5 M€ en plans de mellora agraria e incorporación de mozos ao sector primario no concello de Lalín nos últimos catro anos
Luisa Piñeiro destaca a forte aposta do Goberno galego polo medio rural na capital dezá, cunha aportación global de 26,5 M€ dende 2017, na súa visita á explotación avícola de produción de pavos 'Valiña de Castro' co alcalde, Xosé Crespo
A Xunta culmina a modernización do transporte público da área de Santiago o día 23, ampliando horarios e frecuencias para mellorar as unións cos polígonos industriais e a mobilidade dos estudantes
Os novos contratos prevén a utilización de 71 autobuses que percorrerán os 154.000 servizos anuais, garantindo o emprego de 108 condutores e acompañantes, cun investimento anual de máis de 1,6 M€
Fernández-Tapias pon en valor o compromiso da Xunta coas entidades sociais para a provisión de alimentos aos colectivos vulnerables
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo visitou hoxe as catro entidades sen ánimo de lucro de Vigo ás que se dotou de produtos agroganadeiros ao abeiro do convenio de colaboración asinado entre o Goberno galego e o Parlamento
A Xunta garante as conexións de autobús entre Vila de Cruces e A Coruña, a partir do vindeiro mércores, coa culminación do Plan de Transporte Público de Galicia
Este percorrido prestarase, no marco dos novos contratos, cunha expedición de ida, a primeira hora da mañá, e outra de volta, á tarde, de luns a venres
A Xunta apoia a modernización da industria forestal para impulsar o desenvolvemento económico do rural en Lugo
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, visitou hoxe en Xove a empresa Forestal Díaz Casariego, beneficiaria das axudas para a renovación tecnolóxica da primeira transformación
Cervo, Burela e Xove inician hoxe un novo obradoiro de emprego financiado pola Xunta e clausuran o que se desenvolveu no último ano
O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, entregou os diplomas ás 20 persoas desempregadas que se formaron nas ramas da construción, xardinería e traballos forestais
Os grupos de acción local do sector pesqueiro mobilizan máis de 12 millóns de euros para o desenvolvemento socioeconómico das zonas costeiras
A Consellería do Mar aprobou axudas a 128 proxectos dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) por valor de máis de 7,3 millóns de euros no marco da convocatoria deste ano