Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

21/12/20 | 13:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta traballa nunha estratexia de resposta á covid-19 para adecuar os mecanismos da cooperación galega ás necesidades dos axentes da cooperación e das comunidades sociais

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe por videoconferencia na reunión da Comisión Interterritorial de Cooperación para o Desenvolvemento

21/12/20 | 12:42 | C. de Economía e Industria

Obradoiros de Cambre, Monterroso, Lugo e Santiago optan ao Premio Artesanía de Galicia 2020

O xurado dos premios Artesanía de Galicia nomea como finalistas nesta categoría a Laura Delgado Cerámica, Santiago Besteiro Design, Traxandaina e Jatafarta

21/12/20 | 12:30 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Orange aborda coa Amtega os 13 casos de uso con tecnoloxía 5G que está a desenvolver en Galicia

O operador foi adxudicatario da segunda convocatoria estatal de axudas de Red.es para probar esta tecnoloxía e farao coa colaboración de dúas pemes galegas, Opatere e Info, e a empresa Gamera Nest

21/12/20 | 12:25

Medio Ambiente subliña o compromiso coa reciclaxe dos escolares galegos ao recuperar 59 toneladas de pilas no marco de ‘Pilabot’

A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, participou esta mañá na entrega virtual dos premios aos catro centros gañadores da segunda edición deste concurso, promovido pola Consellería

21/12/20 | 12:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Muros na adquisición dun vehículo dedicado á protección do medio ambiente

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo entrega do todoterreo pick up con plataforma elevadora e cesta que empregará a brigada municipal no mantemento e conservación de espazos naturais

21/12/20 | 12:19

A campaña de información e sensibilización da Xunta Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual recala hoxe en Cerdido

A mostra itinerante da Consellería de Emprego e Igualdade está a percorrer Galicia e inclúe talleres e actividades lúdicas dirixidas a todas as idades

21/12/20 | 12:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Laura Calvo gaña a III edición do Premio de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea do CGAC

O galardón, impulsado pola Xunta de Galicia, foi entregado hoxe polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo

21/12/20 | 11:55 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 5.596 casos activos por coronavirus

Un total de 52.421 pacientes xa están curados

21/12/20 | 11:48 | C. do Medio Rural

A Xunta multiplica por tres a dotación das axudas para reconversión da viña para atender todas as solicitudes que cumpren os requisitos

O DOG publica hoxe a correspondente orde da Consellería do Medio Rural, que permitirá pasar o orzamento dos iniciais 1,1 millóns de euros a 3,5 millóns

21/12/20 | 11:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense clausura o obradoido de emprego ‘Calderetas da gastronomía dos abades ata os nosos días’ en Celanova

O delegado territorial sinalou que con estes obradoiros a Xunta pretende ampliar as oportunidades laborais das persoas con dificultades para o acceso ao mercado de traballo