Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Política Social súmase á nova campaña de Nadal de Fegerec de apoio ás persoas que padecen enfermidades raras
O obxectivo é concienciar á sociedade sobre estas doenzas e recadar fondos para o programa asistencial sociosanitario da federación coa venda en farmacias e comercios de ‘bastóns máxicos’, doces de caramelo sen glute nin lactosa
Galicia rexistra un total de 8.617 casos activos por coronavirus
Un total de 40.056 pacientes xa están curados
A Xunta investiu 300.000 euros en liñas de apoio e reactivación da demanda para as axencias de viaxe galegas
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, fixo balance coa directiva da Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI) das iniciativas que levaron adiante en conxunto desde o inicio da pandemia
A rehabilitación integral do CEIP de Cervo permite aforrar máis dun 80% en consumo enerxético e emisións contaminantes
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o centro de ensino, que foi reformado cun investimento próximo ao millón de euros
A Xunta destaca que o CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove é máis cómodo e eficiente tras finalizar as obras de rehabilitación enerxética
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o colexio, que foi obxecto “dunha importante modernización” na que se investiron máis de 670.000 euros
A Xunta colabora no 14º 'pitching' do Clúster Audiovisual Galego para impulsar novos proxectos de cinema e televisión
O director da Agadic participou na clausura da sesión de presentacións das 18 propostas seleccionadas, que foi seguida en liña polos responsables de contidos de coñecidas canles televisivas, plataformas, produtoras e distribuidoras
Conde apunta á transición ecolóxica e a modernización do comercio de proximidade como retos para os novos directores xerais Paula Uría e Manuel Heredia
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, presidiu a toma de posesión da directora de Planificación Enerxética e Recursos Naturais e do director xeral de Comercio e Consumo
Fabiola García tende a man para lograr aprobar por unanimidade a Lei de impulso demográfico
Apunta que entre a súa fase de anteproxecto e a proposta elevada ao Pleno da Cámara cambiou o 44% do articulado do texto
Galicia duplica o seu orzamento para infraestruturas de Atención Primaria con preto de 60 millóns de euros para 2021
Salienta que os presupostos de 2021, “os maiores orzamentos da historia da Comunidade”, investirán na Sanidade Pública 475 millóns de euros máis que este ano, chegando así á cifra récord total neste eido de preto de 4.600 millóns