Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

24/11/20 | 14:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A programación conmemorativa do 25N arranca no museo do Mar de Galicia

Valentín García e Marta Fernández-Tapias presentaron hoxe as propostas culturais do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 que chegan a Vigo arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

24/11/20 | 13:51 | C. de Sanidade

A Xunta implantará nesta lexislatura un novo modelo organizativo en Atención Primaria que dará máis autonomía aos centros para desenvolver plans de saúde

Así o anunciou o conselleiro de Sanidade, no Parlamento de Galicia, onde tamén sinalou que o sistema TELEA vai ser reforzado para conectarlle todos os dispositivos de monitorización dos pacientes

24/11/20 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na instalación da cuberta do parque infantil do CEIP de Oímbra

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, os traballos levados a cabo ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

24/11/20 | 13:40 | C. de Economía e Industria

O Inega contará en 2021 cun 33% máis de orzamento e multiplicará por cinco a partida para impulsar as renovables e a eficiencia enerxética na industria

O vicepresidente económico, Francisco Conde, avogou no X Aniversario do Clúster das Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) por asentar a recuperación económica nun modelo industrial sustentable e tecnolóxico

24/11/20 | 13:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 66.000€ á mellora do pavimento nas rúa Otero Pedrayo no parque empresarial de Sigüeiro

Esta axuda inclúese dentro da orde destinada á mellora das infraestruturas nos parques empresariais da provincia da Coruña

24/11/20 | 13:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia convértese durante dez días no escaparate do circo a nivel estatal co IV Congreso CircoRed e o encontro D10!

A Xunta apoia a promoción do novo circo galego coa celebración na Cidade da Cultura destes dous eventos cos que colabora a Agadic

24/11/20 | 13:21

Galicia demanda a Bruxelas flexibilidade na fixación das cotas de pesca de 2021 tendo en conta o bo estado dos caladoiros nos que faena a frota española

A comunidade galega defende a necesidade de que, máis que nunca, na xestión pesqueira se teñan en conta tanto os aspectos medioambientais como os económicos e sociais dado o impacto no sector da alerta sanitaria pola covid-19

24/11/20 | 12:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o concello de Oia crean tres roteiros sinalizados de sendeirismo de case 20 quilómetros polos montes da Valga

Turismo de Galicia cofinancia esta actuación, orzamentada en 45.553€, ao abeiro da orde de mellora de infraestruturas turísticas do presente ano

24/11/20 | 12:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta fomenta a participación de pemes galegas como Edafotec no programa marco de I+D+i da Unión Europea para impulsar a internacionalización do sistema galego de innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá a peme viguesa Edafotec que está a desenvolver co apoio da Xunta un proxecto de innovación recoñecido co selo de excelencia da Comisión Europea

24/11/20 | 12:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta recoñece o traballo de seis centros de ensino no concurso Eduemprende Idea 2020

O certame ten como obxectivo potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e fomentar así o emprendemento