Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta apoia a 80 aloxamentos e establecementos de restauración da comunidade á renovación e modernización das súas instalacións
O DOG publica hoxe a resolución destas axudas, ás que o Goberno galego destina 1,5M€ para levar a cabo accións de modernización, accesibilidade ou eficiencia enerxética nas infraestruturas destes negocios
Lorenzana destaca o apoio da Xunta aos autónomos con 84 millóns para manter o emprego e a súa actividade económica
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe en Santiago de Compostela por videoconferencia nunha sesión do proxecto de mentoring da Fundación Ronsel co que colabora a Administración autonómica
Luisa Piñeiro realiza unha visita institucional a Rodeiro e coñece o proxecto de solicitude dun Plan de Infraestruturas Rurais para Vistuíde
A delegada territorial recolleu as demandas sociais, de depuración e saneamento, vivenda e novas tecnoloxías nunha reunión co alcalde, Luis López
A Xunta investirá 2,4 millóns de euros no Hospital Comarcal de Valdeorras
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou esta mañá na súa visita ao hospital valdeorrés a próxima licitación da obra de reforma da área de Cirurxía maior ambulatoria, Farmacia e Hospital de Día cun presuposto de 1,4 millóns de euros
Conde subliña que o novo dron mariño de industrias Ferri encaixa na aposta da Xunta por orientar a aeronáutica cara á mellora dos servizos públicos
O vicepresidente económico, Francisco Conde, participou esta tarde na botadura desta embarcación destinada ao control da calidade das augas grazas a que incorpora un laboratorio portátil a bordo
A Xunta de Galicia colabora na exposición ‘Afonso X e Galicia’, no 800 aniversario do seu nacemento
A mostra, impulsada polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Consellería de Cultura, a Deputación de Ourense e a USC, explora a faceta humana e intelectual, así como a conexión de Afonso X con Galicia
A Xunta amosa a obra do artesán Frank Buschmann a través dunha exposición en Pontevedra
A mostra individual “Feito de estrelas” poderase visitar ata o 22 de decembro e está dedicada ao ebanista artesán gañador do Premio Artesanía de Galicia 2019 e do Antonio Fraguas 2020, na categoría de Artesanía Tradicional
A Comisión de Recursos Naturais acordou celebrar en Santiago unha reunión do Comité Europeo das Rexións en maio, coincidindo co Xacobeo 2021
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na reunión da comisión, na que se abordou o novo enfoque do Plan de Acción Atlántico co fin de contribuír a alcanzar os obxectivos previstos no Pacto Verde e de fortalecer os esforzos de recuperación dos países participantes, entre eles España
Feijóo destaca a implicación dos 29 deportistas que participarán na campaña da Xunta “levando, ademais da bandeira de Galicia polo mundo, a do ‘NON’ á desigualdade e á violencia de xénero”
Reitera o firme compromiso do Goberno galego na loita contra a violencia de xénero, reflectido no desenvolvemento do Pacto de Estado nesta materia