Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destina 1 M€ á reforma dun espazo de acollida a peregrinos e á construción dun novo albergue de 40 prazas no mosteiro de Oseira
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as actuacións que se están a levar a cabo para rehabilitar o antigo albergue e crear un novo cunhas instalacións accesibles nas que recibir aos peregrinos que percorren a Vía da Prata
Os Orzamentos da Xunta para 2021 destinan catro de cada cinco euros a gasto social, emprego e reactivación económica
O conselleiro de Facenda e Administración Pública entregou hoxe no Parlamento o proxecto de Lei de Orzamentos e o de Medidas Fiscais e Administrativas
A Xunta convoca unha nova edición do curso en liña sobre turismo sostible e financiamento na UE ante a alta demanda
Xa está aberto o prazo de inscrición para esta acción formativa, que comezará o 30 de novembro
Ángeles Vázquez salienta que o 2021 será o ano de impulso ao pazo de Dona Urraca grazas á modificación do Plan Especial e á urbanización dun novo espacio no Barrio da Tinería
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avanza que o acordo acadado hoxe permitirá crear un espazo público un 25% máis amplo e aberto, dando un valor incalculable a esta zona aos pés da Muralla
Trenor participou no acto de clausura do obradoiro de emprego de Touro, Boqueixón e Vedra
O representante do Goberno autonómico animou aos participantes a saír a buscar emprego co aval da mellor formación adaptada ás necesidades das empresas da contorna
A Xunta presenta a formación para o profesorado sen máster co fin de manter os estándares de calidade do ensino galego
O obxectivo é facilitar aos profesionais unha cualificación que facilite o seu labor, ao tempo que se garante ao alumnado a mellor formación dos seus docentes
A Xunta avoga na asemblea de Asime pola colaboración público-privada para promover a recuperación da economía galega
O vicepresidente económico, Francisco Conde, apela en Vigo ao diálogo entre a Administración e os axentes económicos e anuncia que nos orzamentos de 2021 o Igape multiplica por tres os fondos asignados a instrumentos de financiamento
Galicia rexistra un total de 8.669 casos activos por coronavirus
Un total de 39.674 pacientes xa están curados
A Xunta culmina a primeira fase da limpeza da escultura pétrea da Virxe descuberta no río Sar
O equipo de expertos eliminou a capa vexetal e parte das sustancias depositadas na superficie da peza, como unha pequena pedra encaixada no manto