Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

22/11/20 | 13:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os veciños de Sobrado e os peregrinos xa se benefician da mellora executada pola Xunta na estrada AC-934 que reforza a seguridade e facilita a mobilidade na contorna

A Xunta achegou un investimento de máis de 1,6 M€ ao acondicionamento dun tramo de 4,5 km da vía entre o límite coa provincia de Lugo e o cruce de Abeleiras

22/11/20 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A execución da fase final da senda peonil entre Alba e San Caetano, en Pontevedra, fará necesario o corte total de tráfico neste treito da estrada PO-225 desde mañá ata o martes día 30

Co obxectivo de rematar esta actuación antes de fin de ano, a vindeira semana levaranse a cabo o formigonado da vía na zona da ponte e a colocación da pasarela

22/11/20 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural; C. de Sanidade; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta proclama o seu non á violencia de xénero na andaina 'Camiño ao respecto’ celebrada hoxe en Santiago de Compostela

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda e outros membros do Goberno galego e das institucións percorreron hoxe parte do Camiño en Santiago de Compostela en apoio ás vítimas da violencia

22/11/20 | 12:30

As obras de humanización de espazos públicos no núcleo rural de Armea en Coirós comezarán este mesmo mes

A actuación foi adxudicada por un importe de case 70.000 euros e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e polo concello

22/11/20 | 12:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colaborará co Concello de Silleda na adquisición dun vehículo para labores ambientais da Policía Local

O Goberno galego apoia a compra deste vehículo financiado a través dun convenio de colaboración co municipio

22/11/20 | 12:00 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 8.828 casos activos por coronavirus

Un total de 39.196 pacientes xa están curados

22/11/20 | 11:57

Portos de Galicia aproba a nova delimitación de espazos e usos portuarios de Santo Tomé e Tragobe, en Cambados

O Consello de Administración do ente público ratificou o documento que regula a distribución da actividade na zona portuaria

21/11/20 | 19:05 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social recoñece o talento na cociña de mozas e mozos galegos a través do programa Xuventude Crea 2020

O primeiro premio foi para Shewit Pérez Izaguirre Martínez, o segundo para Andrea Maseda Prado e Miguel Morán, e o terceiro para Javier Lojo

21/11/20 | 15:45 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala Ourense como a cidade galega que recibirá o maior investimento para obras de servizos sociais en 2021

Destaca o aumento récord na historia de Galicia destinado a investimento social que ascende a 8.540 millóns de euros, 864 millóns máis ca en 2020

21/11/20 | 15:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía o prazo para usar o bono turístico ata maio de 2021 e renovará a iniciativa o próximo ano

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe esta ampliación en Pontevedra, xunto co Clúster Turismo de Galicia, co que colabora nesta iniciativa