Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta investirá 15 M€ na mellora das instalacións, equipamento e parque móbil do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e nun Centro integral para a loita contra o lume
José González avanzou esta partida que irá recollida no proxecto de orzamentos de 2021, sinalando que o campus forestal que se situará en Toén exercerá de motor económico na provincia de Ourense, a máis afectada polos incendios
Medio Ambiente destinará en 2021 máis de 12 millóns de euros para incrementar a oferta de vivenda no concello de Vigo
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda salienta que máis dun 60% do orzamento está reservado para o Polígono de Navia
Ethel Vázquez salienta que os orzamentos da Xunta para 2021 recollen un investimento de case 5,5 millóns de euros na VAP da Costa Norte e nas actuacións viarias complementarias
Destaca o compromiso coa mellora das comunicacións de Ferrolterra e Ortegal a través do impulso da vía de altas prestacións, cunha achega total de 65 M€ para os vindeiros anos e o inicio inmediato das obras da 1ª fase da mellora da AC-862
Ethel Vázquez avanza que os orzamentos da Xunta para 2021 recollen un investimento de case 20 M€ no novo Hospital Público da Coruña e un compromiso total de gasto de máis de 418 millóns
Destaca que o Goberno galego eleva o seu compromiso co “Novo CHUAC” ao máximo rango normativo, plasmándoo no proxecto de Lei de Orzamentos
Trenor supervisa o remate das obras de mellora do firme na estrada AC-550, entre Padín e Deán Pequeno, no concello de Ribeira
Estas actuacións, contaron cun orzamento de case 50.000 euros, e tiveron un prazo de execución dun mes
Xunta e RAG presentan o expediente de incoación do BIC da biblioteca de Pardo Bazán, que protexe 10.855 volumes
Publicarase no Diario Oficial de Galicia a vindeira semana e suporá a aplicación provisional do réxime de tutela previsto na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia
Lorenzana destaca ante os empresarios de Lugo o compromiso da Xunta cara á reactivación cun orzamento histórico para 2021 e o Plan para persoas traballadoras autónomas e microempresas
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro coa directiva da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL)
A Xunta remata a senda peonil entre o albergue de peregrinos e o centro de Ordes, cun investimento superior aos 640.000 euros
A senda esténdese pola marxe dereita da estrada AC-524, entre os puntos quilométricos 0+500 e 2, dándolle continuidade ao itinerario xa existente
Galicia rexistra un total de 8.978 casos activos por coronavirus
Un total de 38.587 pacientes xa están curados
A Xunta realiza traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Tambre, no concello de Trazo
As actuacións de mantemento están a desenvolverse no tramo do río ao seu paso pola contorna da praia fluvial e recreativa de Chaián