Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta e os axentes locais da Limia impulsan o Plan estratéxico para o sector agrogandeiro desta comarca ourensá
José González sinalou que se trata de contribuír a un desenvolvemento sostible do agro nesta bisbarra, rendible economicamente e compatible coa protección do medio ambiente
A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Umia ao seu paso polo concello de Vilanova de Arousa
Trátase de traballos para o mantemento das actuacións de bioenxeñería realizadas na contorna deste río, no lugar de Ponte Arnelas, na parroquia de Baión
A Xunta salienta a transformación dixital e a economía circular como motores do desenvolvemento económico e social
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe no encontro dixital ‘Anticipando Davos. O Gran Reinicio para a empresa’, organizado en colaboración coa Asociación para o Progreso da Dirección (APD)
A Xunta celebra unha xornada técnica sobre proxectos piloto e grupos operativos de innovación desenvolvidos en Galicia coa participación da Agacal
A acción contou coa intervención de representantes do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), que falaron sobre proxectos tecnolóxicos, de pastoreo, de cultivos ecolóxicos ou de cooperación para a innovación
As redeiras artesás galegas fórmanse en Buño para aplicar o seu oficio ao eido da decoración
Esta fin de semana comezará un novo curso impulsado pola Xunta que impartirá a deseñadora Raquel de Sousa e no que participarán redeiras dos portos de Malpica, Corme e A Coruña
A Xunta e o sector hostaleiro chegan a un acordo para ampliar as axudas aos establecementos pechados ata un máximo de 9.200 euros
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinaron hoxe o documento en Santiago de Compostela cos representantes do Clúster de Turismo e da Mesa de negociación da hostalaría de Galicia
O secretario xeral da Emigración analiza coa colectividade galega de EEUU e México a actual situación da covid-19 nestes países norteamericanos
Antonio Rodríguez Miranda destacou que durante o encontro tamén coñeceu como se está a vivir o proceso postelectoral nos Estados Unidos
A Xunta de Galicia intervén a residencia de maiores Asilo de Vilalba
As consellerías de Sanidade e Política Social toman esta medida para reforzar o persoal do centro e garantir a calidade asistencial
Un cento de docentes de formación para o emprego reciben o diploma da Xunta do programa Aula Dixital
A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, entregou hoxe en Santiago de Compostela de xeito virtual as acreditacións do curso de formadores dixitais
A Xunta prevé entregar case 12.000 títulos de propiedade deica o primeiro trimestre de 2021 tras concluír 13 novos procesos de reestruturación parcelaria
A directora xeral de Desenvolvemento Rural sinalou que -malia as dificultades por mor do coronavirus- no verán se puideron entregar 4.155 títulos de propiedade, xa están listos para distribuír outros 6.140 e no primeiro trimestre do ano vindeiro agárdase repartir 5.680 máis