Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Máis de 3.000 comerciantes galegos sumáronse xa ao Bono Activa Comercio, que os clientes poderán descargar a partir do luns
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, presentou esta iniciativa en Monforte de Lemos, onde xa se adheriron máis de 30 establecementos en tan só seis días
A Xunta aposta pola colaboración cos economistas no eido da xustiza
Así o sinalou hoxe o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, na inauguración das ‘Xornadas técnicas sobre a reforma concursal’ organizadas polo Colexio de Economistas de Pontevedra e o Colexio de Avogados de Vigo
A Xunta fomenta o voluntariado interxeracional para dinamizar o medio rural
O obxectivo do programa é abrir novas oportunidades de futuro e perspectivas laborais para a mocidade
A Xunta presenta a VI Xornada de convivencia de agrupacións de voluntarios de protección civil de Ourense
Gabriel Alén subliñou que ao igual que en edicións anteriores preténdese facer unha xornada que sirva como punto de encontro para voluntarios e voluntarias de toda España
Gabriel Alén salienta o traballo de Aspamadis nas distintas dependencias da Xunta en Ourense
O delegado territorial significou que Aspamadis ven desenvolvendo traballos en distintas dependencias da Xunta como os xardíns do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Santa Mª de Europa ou os do Centro de Formación Valverde en Allariz
A Xunta anuncia o inicio das obras de mellora do Punto de Atención Continuada de Acea de Ama en Culleredo
Na reforma desta instalación sanitaria da rede pública galega, o Sergas inviste máis de 180.000 euros
A Xunta reforza o seu compromiso co Festival Kerouac de Vigo, unha das citas de poesía escénica máis lonxevas de España
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación da décimo segunda edición deste festival que se celebrará do 20 ao 22 de outubro
Ethel Vázquez avanza que os orzamentos da Xunta para 2023 prevén un investimento de case 50 M€ para a conservación e a mellora das estradas autonómicas
Vázquez Mourelle pon en valor o esforzo técnico e financeiro que a Xunta dedica cada ano a xestionar e manter os máis de 5.500 km de estradas autonómicas