Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

19/10/22 | 12:21

A Xunta subliña o papel de referencia de Meteogalicia no eido da información e dos servizos meteorolóxicos

Sagrario Pérez destaca que o Goberno galego leva décadas apostando e investindo nesta materia, un compromiso que se plasmou na aprobación en 2019 da Estratexia galega de cambio climático e enerxía e no impulso este ano da Alianza galega polo clima

19/10/22 | 12:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para novembro e decembro os propietarios dos terreos necesarios para executar a 1ª fase de humanización da avenida de Galicia en Teis, no concello de Vigo

Esta intervención na estrada PO-323 suporá un investimento de arredor de 2,5 M€ e ten como obxectivo fomentar a mobilidade sostible nesta vía de entrada á cidade, a través de actuacións de acougado do tráfico rodado e mellora dos itinerarios peonís
 

19/10/22 | 12:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reclama que o Cumio Ibérico de Viana do Castelo marque un punto de inflexión no impulso polo Goberno de España do tren Vigo-Porto e inicie o diálogo sobre a Ponte Internacional

Vázquez Mourelle reclama unha planificación completa para desenvolver as actuacións e os investimentos necesarios para desenvolver en territorio español a conexión en alta velocidade con Portugal

19/10/22 | 12:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende o modelo eólico de Galicia e insiste en que só se aprobarán proxectos que se axusten á normativa

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, avogou no Parlamento galego por un sector eólico que conxugue o progreso económico e a creación de emprego con todas as garantías ambientais, legais e técnicas

19/10/22 | 11:51 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia aposta por reducir a dependencia do exterior en materia tecnolóxica ante o novo contexto mundial

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, participou hoxe na inauguración de Galicia TIC, na Cidade da Cultura
 

19/10/22 | 11:44

Un total de 81 empresas do sector agroalimentario recibirán preto de 37 M€ en axudas da Xunta para a transformación e a comercialización de produtos agrarios

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas achegas da Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, dependente da Consellería do Medio Rural
 

19/10/22 | 11:40 | C. do Medio Rural

O DOG publica a declaración de utilidade pública de tres novas parcelarias nos concellos de Becerreá, Petín e Dozón que reorganizarán unhas 1.688 hectáreas

Estes novos decretos decláranse mediante a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción

19/10/22 | 11:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca as posibilidades que ofrecen os fondos europeos para transformar a industria sanitaria a través da ciencia e a innovación

O director do Igape, Fernando Guldrís, participa na xornada ‘A medicina do futuro; personalizada e de precisión’, onde pon en valor a oficina técnica posta en marcha co Clúster da Saúde para facilitar o impulso e a captación de proxectos no ámbito sanitario, especialmente no marco do Perte da Saúde de Vangarda
 

19/10/22 | 11:30 | C. de Sanidade